Benvida/o á páxina da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Vigo.
En relación á convocatoria do vindeiro curso 2020/2021, na columna da dereita podes consultar toda a información nos correspondentes arquivos PDF.
O prazo de matrícula para o curso 2020/2021 rematou o 28 de xullo.
O período de solicitudes ábrese de xeito extraordinario a partir do mes de setembro de 2020 e ata o mes de maio de 2021, sempre que existan prazas dispoñibles no aula e na escola onde se solicita praza, circunstancia que deberá consultar no Servizo Municipal de Educación.
Para formalizar a súa solicitude, deberá cubrir, se non o fixo con anterioridade, o seguinte Formulario de Solicitude e, posteriormente, escoller ún dos seguintes procedementos:
Tamén deberá aportar a documentación esixida. Pode facelo presencialmente no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (recorde que para esto deberá solicitar cita previa na web https://sede.vigo.org/expedientes/formularios/sol_cita_previa.jsp?lang=gal -opción Educación- ou nos teléfonos 010 / 986 810 260), ou pode adxuntala a través da páxina escolas.vigo.org/eim-adxuntar-doc, introducindo o seu número de solicitude e máis ún dos NIF/NIE proporcionados na solicitude.