Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioO sistema educativo

O novo sistema educativo español

Máis información en http://lomce.mecd.es/itinerarios



O sistema educativo español actual

Educación Infantil (0-6 anos).
É unha etapa voluntaria organizada en dous ciclos:

  • Primeiro ciclo de 0 a 3 anos.
  • O Segundo ciclo, de 3 a 6 anos, é gratuíto.


Ensino Básico (6-16 anos).
Está formado pola educación primaria e a E.S.O. É gratuíta, obrigatoria e organizada segundo os principios da educación común e da atención á diversidade.


Educación Primaria.

Consta de 6 cursos que se fan entre os 6 e 12 anos. É obrigatoria e ordénanse en tres ciclos:

  • Primeiro ciclo: 1º e 2º de primaria.
  • Segundo ciclo: 3º e 4º de primaria.
  • Terceiro ciclo: 5º e 6º de primaria.


Educación Secundaria (12-18 anos)
.
Inclúe os catro cursos do Ensino Secundario Obrigatorio e o ensino postobrigatorio, onde se sitúan:

  • 2 Cursos de bacharelato.
  • Formación profesional de grao medio.
  • Ensinanzas profesionais das artes plásticas e deseño de grao medio.
  • Ensinanzas deportivas de grao medio.


Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).

Consta de catro cursos que se farán entre os 12 e os 16 anos.
Hai programas de diversificación curricular a partires do terceiro curso, orientados á consecución do título de Graduado en ESO, que dá acceso á secundaria postobrigatoria.


Programas de cualificación profesional inicial (P.C.P.I.).

Para alumnado maior de 16 anos, excepcionalmente de 15.
Inclúe tres tipos de módulos:

  • Conducentes á obtención dunha cualificación profesional.
  • Formativos de carácter xeral.
  • Voluntarios conducentes á obtención do título do graduado en ESO.


Bacharelato.

Consta de dous cursos en tres modalidades: Artes, Ciencias e Tecnoloxía, Humanidades e Ciencias Sociais.

O título de Bacharelato dá acceso á Educación Superior.
Ordinariamente cúrsase entre os 16 e 18 anos, e ten dous cursos: 1º e 2º de bacharelato.


Formación profesional.
As ensinanzas de formación profesional abarcan os módulos profesionais e xerais dentro dos P.C.P.I., os Ciclos Formativos de Grao Medio (na Educación Secundaria Postobrigatoria) e os Ciclos Formativos de Grao Superior (na Ensinanza Superior).

Esquema


Siglas dos centros

  • E.I.M.: Escolas Infantís Municipais (0-3 anos)
  • E.I.: Escolas Infantís de primeiro ciclo dependentes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (0-3 anos)
  • E.E.I.: Escolas Infantís de segundo ciclo dependentes da Consellería de Educación da Xunta de Galicia (3-6 anos)
  • C.E.I.P.: Colexios de Educación Infantil e Primaria (3-12 anos)
  • C.E.P.: Colexios de Educación Primaria (6-12 anos)
  • C.P.I.: Centros Públicos Integrados (3-16 anos)
  • C.E.E.: Centros de Educación Especial (3-21 anos)
  • I.E.S.: Institutos de Educación Secundaria
  • C.I.F.P.: Institutos de Formación Profesional
  • E.P.A.: Escolas para Persoas Adultas
  • C.P.R.: Centros Privados Concertados
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org