Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioVigo en inglés

Listas provisionais de baremación do programa "Vigo en Inglés 2026"

Para consultar as listas debe autenticarse coa data de nacemento do/a alumno/a e o NIF (ou NIE) dun dos proxenitores.

Faga click aquí para proceder coa consulta das listas

Período de reclamacións

Establécese un prazo de 10 días hábiles , do lunes 25 de maio ao venres 5 de xuño de 2026, ámbolos dous inclusive, para a presentación de reclamacións ou emenda de erros advertidos, que deberá facerse a través do rexistro xeral do Concello de Vigo.

Programa "Vigo en Inglés 2026"

O Concello de Vigo está firmemente comprometido co ofrecemento, ao meirande número posible de estudiantes vigueses, da posibilidade de perfeccionar o seu coñecemento do inglés, asemade que descobren a cultura e o sistema educativo dos países anglosaxóns. O dominio dunha segunda lingua é esencial hoxe en día, sendo o inglés, o español e o chinés as máis demandadas e con maior presencia a nivel mundial.

O programa da edición 2026 vai dirixido a estudantes de 3º da ESO. Desenvólvese nos meses de setembro, outubro e novembro de 2026 e consiste nunha estadía de 3 semanas nun país de fala inglesa. Durante este tempo, os rapaces asisten a un centro escolar, coma calquer outro estudiante local.

O aloxamento

Os participantes residen, en réxime de pensión completa durante toda a súa estancia, con familias nativas escolmadas para a súa participación no programa.

As actividades

Despóis do xantar, realízanse diversas actividades, entre elas unha visita cultural a algún sitio de interese. Na fin de semana faise unha excursión dun día enteiro.

Clases de reforzo

Durante a participación no programa, os rapaces reciben clases de reforzo e perfeccionamento de lingua inglesa.

Atención 24 horas

Os estudiantes e as súas familias dispoñen dun centro de atención telefónica 24 horas para resolver calquer cuestión que lles puidese xurdir.

Bases e información do programa Vigo En Inglés 2026

Se vostede xa realizou unha solicitude para o programa 2026 e precisa adxuntar documentación requirida, pode facelo de dous xeitos:


Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org