Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioBolsas EOIV

Convocatoria de bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola Oficial de Idiomas de Vigo (EOIV) ano 2026.

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión ordinaria de data 06/02/2026 aprobou as Bases reguladoras e convocatoria específica das Bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro do alumnado da Escola de Idiomas de Vigo (EOIV) correspondentes ao ano 2026 (Expt: 99600-332), coas seguintes características básicas:

O obxecto destas axudas económicas en forma de bolsas de estudo individuais é contribuír a mellorar a competencia e capacitación en linguas estranxeiras do alumnado da EOIV, fomentando a súa aprendizaxe e o contacto con outras culturas nun ámbito internacional
A bolsa vai destinada a financiar parte dos conceptos de gastos da viaxe, aloxamento da estancia de 2 semanas en destino, matrícula e custo do curso de inmersión lingüística, certificado ou diploma acreditativo da realización do curso e seguro.

Os Destinatarios/as son o Alumnado da Escola de Idiomas de Vigo (EOIV) (Sede Central e calquera das súas seccións).

 

Número de bolsas a conceder / Destinos / Contías:

 

Nº de bolsas Destino Distribución por idioma / niveis do alumnado beneficiario Contía/bolsa (€) Importe total (€)

19

Reino Unido/Irlanda

Inglés B1, B2, C1, C2

1.700

32.300

6

Francia

Francés B1, B2, C1, C2

1.700

10.200

5

Alemaña / Austria

Alemán B1, B2, C1, C2

1.700

8.500

8

Italia

Italiano B2, C1, C2

1.700

13.600

3

Portugal

Portugués B1, B2, C1, C2

1.450

4.350

7

Xapón

Xaponés B1, B2

2.200

15.400

2

China

Chinés A2.2, B1, B2

2.200

4.400

50

 

88.750

 

Bases e Convocatoria Bolsas EOIV 2026

Se vostede xa realizou unha solicitude para o programa 2026 e precisa adxuntar documentación requirida, pode facelo de dous xeitos:


Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org