A Escola Infantil Municipal Costeira de Saiáns consta de tres unidades para nenas e nenos, dende os tres meses ata os tres anos.
O horario é de luns a venres de 7:30 a 20:00 horas, dende setembro ata o 31 de xullo. O mes de agosto permanece pechada por vacacións.
A Escola Infantil Municipal Costeira de Saiáns forma parte da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Vigo.
O Equipo que o forma é persoal debidamente cualificado para realizar as súas funcións, un Equipo de Atención Temperá e Asesoría Nutricional.
A Escola conta con 3 unidades, unha para cada grupo de idade, dende os 3 meses ata os 3 anos.
A lingua falada nas aulas é o galego e o castelán. O inglés como terceira lingua na aula de 3º ( de 2 a 3 anos) ao longo de todo o curso
Dende a Escola ofréncese Escola de familias; Reunións periódicas coas titoras; Participación das familias tanto en actividades como na organización de celebracións.
A Escola conta con tres aulas, unha para cada grupo de idade:
Aula 1º: Os Bichos
Aula 2º: Nemo
Aula 3º: Madagascar
Comedor: con cociña propia
Zona exterior: conta con patio cuberto e con zona axardinada.
Servizos da Escola:
Equipo de Atención Temperá: Traballamos cun gabinete de psicopedagoxía que colabora como asesor do centro.
Escola de Familias: Programamos grupos de charlas guiadas por un especialista para tratar cuestións que máis inquedan ás familias, como pode ser a alimentación, o sono, as condutas, a intelixencia emocional, ...e deste xeito facilitar estratexias para casa.
Titorías: levamos a cabo as reunións periódicas que sexan necesarias, tanto solicitadas pola titora como por parte das familias.
Reunións trimestrais: Ao longo do curso, unha vez cada trimestre, organízanse reunións coas familias de cada grupo-aula. Nelas explicamos como organizamos a aula, como é a nosa dinámica, o desenvolvemento, rutinas, ... a programación e proxectos que imos realizar, ...
Contamos con comedor con cociña propia, zona exterior con patio cuberto e zona axardinada.
Actividades Extraescolares: Un venres ou sábado ao mes organízase un obradoiro para as familias. Son obradoiros onde acuden á escola xunto coas súas cativas e cativos, lugar onde desfrutan en familia de momentos e experiencias para compartir, divertirse e coñecer a compaéiras/os da escola.
Ofrece actividades extraescolares como piscina.
Encárganse do servizo de biblioteca.
Realiza obradoiros/actividades externas para as familias, acorde á unidade didáctica/proxecto a traballar na escola.
Organiza obradoiros sensoriais para o alumnado da escola, que se levan a cabo nas diferentes aulas.
Colabora coa escola nas distintas actividades ao longo de todo o curso.
Nas seguintes ligazóns atoparedes documentación de gran importancia do centro:
_archivos/file/1_ Carpeta curso 2021-2022(1).pdf
_archivos/file/PROTOCOLO INTERNO CENTRO COVID ESCOLAS 2021-2022(1).pdf
_archivos/file/PLAN DE CONTINXENCIA PARA A PREVENCIÓN DO CONTAXIO DA COVID ESCOLAS.pdf
A Escola conta con cociña propia e menús elaborados polo Servizo Nutricional de Galicia (SERNUGA).
As comidas son elaboradas polo persoal de cociña, sempre adaptadas as características alimentarias das cativas e cativos. Tendo en conta alerxias e intolerancias.