Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEIM Tomás Alonso

EIM Tomás Alonso - centro público

 Esta Escola forma parte da Rede Municipal de Escolas Infantís do concello de Vigo. Os nosos trazos de identidade vincúlannos ao resto das escolas da Rede conformando un proxecto común baixo unha perspectiva colaborativa e integradora de experiencias enriquecedoras.

 
A EIM TOMÁS ALONSO conta con tres unidades para alumnado de 3 meses a 3 anos, sendo a súa capacidade total de 39 alumnos agrupados por idades e diferenciados por quenda da seguinte maneira:
 
1- aula 1 – 8 nenas e nenos
2- aula 2 – 13 nenas e nenos
3- aula 3 – 18 nenas e nenos. 
 
A Escola permanece aberta de setembro a xullo agás os festivos laborais e os días 24 e 31 de decembro. O mes de agosto pechamos por vacacións. O horario de actividade abrangue o período de tempo establecido entre as 7:30 e as 17:00 hrs
Coincidindo co período de solicitude de praza estipúlanse varios días de xornadas de portas abertas para que as familias interesadas podan coñecer as instalacións e o funcionamento desta Escola. Para o curso 2024 - 2025 as xornadas de Portas Abertas serán o martes 19 de marzo  de  2024 ás 10:30 hrs e o martes 9 de abril do 2024 ás 16:30 hrs. Agradecemos chamen a escola para inscribirse e asistir !
 
Un dos nosos obxectivos é garantir que todas as nenas/nenos sexan educadas e atendidas en contextos afectivos, de seguridade e confianza onde se teñan en conta as súas necesidades e ritmos de aprendizaxe. Soamente así as crianzas poderán medrar de forma harmónica, cun autoconcepto positivo, establecendo as primeiras relacións psicosociais básicas e imprescindibles para descubrir e entender o mundo que lles rodea.
 
Unha proposta metodolóxica baseada na participación activa como forma básica de aprendizaxe. A través da interacción por parte das cativas e dos cativos propiciaremos o máximo desenvolvemento das súas capacidades (cognitivas, sensoriais, psicomotoras e sociais), así como o desenvolvemento de habilidades comunicativas que lles permita aprender a expresarse e a adquisición de hábitos de autonomía persoal que imprima as bases de crecemento persoal e onde a colaboración coas familias (comunicacións diarias, participación activa dentro da actividade diaria da aula, xuntanzas e titorías,...) parte da confianza e o respecto mutuos.
 
Partindo dos criterios expostos anteriormente, e seguindo a Programación Xeral Anual, o Equipo Educativo da escola elabora unha unidade didáctica mensual tomando como referencia o Decreto 150/2022 do 8 de setembro que regula o curriculum educativo desta etapa na nosa Comunidade Autónoma. Cada unidade didáctica xira en torno a unha temática específica e nela inclúense obradoiros,taieres, provocacións... actividades variadas e propostas de participación familiar.
 
O idioma utilizado na aula baséase na lingua materna predominante entre o alumnado. Fomentando o coñecemento e uso da outra lingua oficial de Galicia. Establécense, polo tanto, momentos e rutinas para o coñecemento de ambas linguas.
 
Equipamento e instalacións

O principio de atención integral aos nenos e nenas da Escola implica que contemos con servizos imprescindibles: 

 
1- Equipo de Atención Temperá. Traballamos cun gabinete psicopedagóxico especializado en prevención de trastornos de desenvolvemento infantil que colabora como órgano asesor do Centro e avalía ao alumnado da Escola co obxecto de previr e adiantarnos a posibles problemas presentes ou futuros. 
 
2- Escola de Familias: programamos grupos de discusión ou charlas guiadas por especialistas para abordar as cuestións que máis preocupan xeralmente ás familias (alimentación, rabietas, sono...) e deste xeito facilitar estratexias e pautas para casa.
 
3- Servicio Nutricional. O Servicio Nutricionista elabora os menús da Escola Todas as comidas son elaboradas pola cociñeira na Escola
 
Amosar
Actividades
Extraescolares

Cada mes, distintos profesionais preparan un Obradoiro/charla/coloquio para familias no cal poden participar libremente as familias e evaluar a actividade e incluso propor outras temáticas a abordar

 

 
Na Escola traballamos todas as conmemoracións que nos é posible: Día Mundial das enfermidades raras, Letras Galegas, Día da Auga, Día do Libro, Día da Familia...
O grupo da aula de 2 a 3 anos fai varias saídas didácticas ao curso. Estas son elixidas cada ano en Xuntanza de Equipo Educativo. Normalmente imos á praia, o teatro, o mercado, ao Alcampo... Seguimos a traballar o horto escolar para que as nenas/os aprendan de onde proveñen algunhas froitas, verduras, hortalizas e os seus coidados.
Da A.N.P.A.

 A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) establece unha perfecta canle de comunicación coa Dirección da Escola e colaboran nas actividades organizadas polo centro escolar.

 
Ademáis, teñen a disposición as instalacións do centro para poder programan e desenrolar as súas reunións ou incluso actividades extraescolares diferentes para todos os nenos e nenas da Escola: obradoiro musical, contacontos, manualidades…. Actividades moi divertidas para os nenos e nenas.
 
Amosar
Outra información de interese

_archivos/file/CARPETA DE NAIS E PAIS 2021-2022.pdf  Educar é unha tarefa conxunta entre a Escola e a Familia e por iso facemos especial fincapé na boa relación comunicativa entre ambos axentes educativos propiciando unha transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamentos. Na Escola dámoslle moita importancia a que as familias saiban en todo momento as actividades que se están a facer na Escola e explicámoslles de que forma poden participar con nós.

 
Debido ao importante que é para nós ter pleno coñecemento das características globais do noso alumnado posto que ás veces pórtanse dunha maneira na Escola e doutra na casa, no parque, cos avós, etc. propoñemos titorías individualizadas nas cales as familias poden preguntar de forma específica asuntos de desenvolvemento da súa filla ou do seu fillo e ás mestras posibilítalle a opción a coñecer facetas do seu alumnado fóra do centro.
 
Igualmente, de forma periódica, facemos xuntanzas grupais por aula nas cales as mestras recordan cales son as normas da Escola, fan un repaso do traballado durante o trimestre, explican distintas propostas pedagóxicas etc. Entendemos que este é un bo momento para escoitar propostas e aclarar dúbidas xerais.
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 291 206
  • Email: ei.tomasalonso@vigo.org
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Tomás A. Alonso nº78
Servizo de comedor

A escola conta con servizo de comedor propio. Almorzo, xantar e merenda dependendo do horario solicitado.

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org