A EIM Bembrive conta con 6 unidades para nenas/os de 3 meses ata 3 anos de idade:
O horario no que se desenvolve o servizo é de luns a venres de 7:30 a 17:00 horas, dende o mes de setembro ata o 31 de xullo. O mes de agosto permanece pechada por vacacións.
O Equipo Profesional está formado por persoal debidamente cualificado para o desempeño das súas funcións.
Todas as profesionais que o formamos queremos cos/as nenos/as crezan nun marco educativo de calidade creando, desde o respecto, un ambiente de benestar, confianza e seguridade contribuíndo así ao seu desenvolvemento integral.
Nesta escola imos traballar cunha metodoloxía activa baseada na experimentación e manipulación como fonte de aprendizaxe, prestando en todo momento unha especial atención á diversidade, respectando tódalas diferenzas e facilitando a integración.
A escola infantil axudará a que os/as nenos/as desenvolvan ao máximo as súas capacidades, establezan as súas primeiras relacións socias e acaden hábitos de autonomía descubrindo así o mundo cos rodea e aprendendo a expresarse .
As linguas faladas no centro son o galego e o castelán, ao 50% consonte o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, prestando unha atención especial á aprendizaxe do idioma galego, mediante metodoloxías que faciliten a súa inmersión lingüística. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º. Tamén se integra a Lingua de Signos na rutina diaria da escola.
A mais, a Escola dispón dun servizo de Atención Temperá e de Asesoría Nutricional.
Para nos é moi importante a relación entre familias e escola xa que entendemos que educar é unha tarefa conxunta polo que este centro ofrece ás familias reunións periódicas coas mestras e/ou equipo de atención tempera, participación e colaboración en distintas actividades e unha "Escola de Familias" organizada polo Equipo de Atención Temperá.
Menús supervisados por unha asesoría nutricional e elaborados diariamente na escola atendendo a dietas especificas ou calquera alerxia/intolerancia.