Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEIM Praza da Industria

EIM Praza da Industria - centro público

A «E.I.M. Santa Marta» forma parte da «Rede Municipal de Escolas Infantís» do Concello de Vigo.

Contamos con tres unidades para crianzas dende os 3 meses ata os 3 anos, agrupados por idades e por quendas:

-  Aula 1:     8 crianzas.

Aula 2:   13 crianzas.

Aula 3:   20 crianzas.

 

As actividades lectivas desenvólvense dende setembro ata xullo, de luns a venres, en horario de 7:30 a 20:00 horas, dividido en dúas quendas (a de Mañá de 7:30 a 15:30, e a de Tarde de 16:00 a 20:00 horas).

O mes de agosto a Escola permanecerá pechada por mantemento das instalacións e por vacacións do persoal e do alumnado.

 

O Equipo Profesional está formado por persoal debidamente preparado e cualificado para o desempeño das súas funcións. Todo o persoal da Escola queremos que as crianzas medren nun marco educativo de calidade; creando, dende o respecto, un ambiente de benestar, confianza e seguridade, contribuíndo así ó seu desenvolvemento integral.

 

 A nosa Escola axudará a que as crianzas desenvolvan as súas capacidades ó máximo, a que establezan as súas primeiras relacións sociais e a que acaden hábitos de autonomía; descubrindo así o mundo que os rodea, e aprendendo a expresarse.

 

As linguas faladas no centro son, ó 50%, o Galego e o Castelán (consonte ó Decreto 150/2022, do 8 de setembro); prestando unha especial atención á aprendizaxe do idioma galego, mediante metodoloxías que faciliten a súa inmersión lingüística. Nas aulas trabállanse ámbolos dous idiomas oficiais. e introdúcese o Inglés como terceira lingua na aula de 3º. Asemade, tamén se integra a Lingua de Signos na rutina diaria da Escola.

 

Nesta Escola tamén ofrecemos ás familias usuarias reunións periódicas coas educadoras, participación e colaboración en distintas actividades, unha «Escola de Familias» organizada polo «Equipo de Orientación e Atención Temperá» e «Obradoiros de Familias» desenvolvidas por persoal cualificado un día ó mes.

 

Equipamento e instalacións

- 3 Aulas (unha para cada Grupo de Idade).

- Aula de Psicomotricidade.

- Sala de Xuntas.

- Patio con Zona de Xogos.

- Espazo para gardar carriños de paseo.

- Comedor.

- Cociña propia.

 

Amosar
Actividades
Extraescolares

- Programa «Escola de Familias»:

O «Equipo de Atención Temperá» prepara diferentes charlas con diversos temas sobre esta primeira etapa educativa.

 

- Obradoiros e Xogos en Familia:

Un venres ou sábado ó mes, orgánizase na Escola un «Obradoiro para as Familias».

 

- Saídas:

As crianzas da Aula 3, ó longo do curso, contan cunha serie de saídas á súa contorna máis próxima.

 

- Reunións Trimestrais:

Unha vez por trimestre, organízanse Reunións coas Familias de cada Grupo.

 

Da A.N.P.A.

 A.N.P.A. “O TRANVÍA”:

 A «Asociación de Nais e Pais» do centro, colabora de forma directa nas festas e nas actividades organizadas pola Escola. Ademáis, teñen á súa disposición as instalacións da Escola para poder reunirse ou para facer algunha «Charla» ou «Obradoiro» para Familias.

 

Amosar
Outra información de interese

Equipo de Atención Temperá:

Traballamos cun Gabinete PsicoPedagóxico especializado na prevención de trastornos de desenvolvemento infantil, que asesora ó Equipo Educativo, e avalía ó alumnado co obxecto de previr e adiantarnos a posibles problemas, tanto presentes coma futuros.

 

- Servizo Nutricional:

O «Servizo Nutricional de Galicia (SERNUGA)» é o encargado de elaborar os menús da Escola e adaptalos ás características das crianzas.

Tódalas comidas son elaboradas na propia Escola.

 

 - Carpeta de Pais-Nais:

archivos/file/2023-2024 Carpeta Nais-Pais.pdf

Amosar
Galerías fotográficas

EIM SANTA MARTA - PRAZA INDUSTRIA

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 442 153
  • Email: ei.prazadaindustria@vigo.org
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Camiño do Chouzo, 2 (36208 - VIGO)
Horarios do centro
  • Oficina: Os Martes de 09:00 a 10:00. Os Mércores de 16:00 a 17:00. Para outros horarios, con Cita Previa.
  • Titorías: Na quenda de Mañá, de 9:30 a 10:30, previa cita. Na quenda de Tarde, de 16:30 a 17:30, previa cita.
  • Clases: Quenda da MAÑÁ: de 07:30 a 15:30. Quenda da TARDE: de 16:00 a 20:00.
Servizo de comedor

 A Escola conta con cociña propia.

 Os menús son elaborados polo «Servizo Nutricional de Galicia (SERNUGA)».

 

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org