Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEIM Bouzas - Casiano Martínez

EIM Bouzas - Casiano Martínez - centro público

Escola Infantil Municipal de primeiro ciclo que forma parte da Rede de Escolas Infantís do Concello de Vigo.

 

A Escola promove unha contorna educativa de calidade, nun marco activo e feliz de benestar e seguridade contribuíndo así ao desenvolvemento integral da nena ou neno desde o respecto e nun ambiente de afecto e confianza.

Está formada por un equipo de profesionais tituladas, que desde o desenvolvemento vocacional da súa profesión, senten auténtica paixón pola educación e atópanse en continua formación para día a día ofrecer ás nenas e nenos retos e axudas para aprender e desenvolver plenamente as súas capacidades.

 

A EIM Bouzas traballa cunha pedagoxía activa, apostando pola experimentación, sensación e manipulación como fonte de aprendizaxe.

 

O período de actividades lectivas é do 1 de setembro o 31 de xullo en horario de 7:30 a 17:00 horas de luns a venres. 

Equipamento e instalacións

A Escola dispón entre outros de:

 

Servizo de Comedor e Asesoría de nutrición

A EIM Bouzas dispón de cociña equipada, comedor e cociñeira propios, e os menús son deseñados polo Departamento de Asesoria de Nutrición e dietética, adaptados ás características dos e as nenas (evolución, alerxias…)

 

Servizo de orientación e asesoramento pedagóxico aos pais, para contribuír á identificación de situacións de risco ou dificultade, anticipándose á aparición de problemas ou detectándoos tempranamente e facilitando a intervención adecuada.

 

Patio exterior: con zona de xogos, vehículos de mobilidade e unha horta escolar.

 

Escola de Nais e Pais: É un espazo participativo con reunións mensuais, onde compartir experiencias, colaborar para mellorar a función educativa, realizar actividades formativas complementarias...

 

Wappa Babies: A EIM Bouzas dispón dunha plataforma de xestión, que facilita a trasmisión nunha aplicación telefónica da información diaria de cada alumno, fotos, circulares...mellorando a comunicación entre a Escola e os pais.

 
Amosar
Actividades
Extraescolares

 

Na Escola traballamos todas as conmemoracións que nos é posible: Día da infancia, Letras Galegas, Día da Auga, Día do Libro, Día da Familia...

 

O grupo da aula de 2 a 3 anos fai cinco saídas didácticas ao curso. Estas son elixidas cada ano en Xuntanza de Equipo Educativo. Normalmente imos á praia, ao teatro, ao mercado, ao bosque...

 

Estamos a crear un horto escolar para que as nenas/os aprendan de onde proveñen algunhas hortalizas e os seus coidados.

Da A.N.P.A.

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA EIM BOUZAS) establece unha perfecta canle de comunicación coa Dirección da Escola e colaboran nas actividades organizadas polo centro escolar. Ademáis programanse actividades extraescolares diferentes. 

Amosar
Outra información de interese

RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA

 

 

Educar é unha tarefa conxunta entre a Escola e a Familia e por iso facemos especial énfase na boa relación comunicativa entre ambos axentes educativos propiciando unha transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamentos.

 

Na Escola dámoslle moita importancia a que as familias coñezan as actividades que se están a facer na Escola e explicámoslles de que forma poden participar con nós. A diario as familias reciben información individualizada sobre cada neno: feitos destacables, estado de ánimo, alimentación, sono, deposicións...

 

Propiciamos un momento comunicativo de intercambio de información sobre os rapaces e as rapazas. Todos os meses enviamos un boletín informativo no cal explicamos a unidade didáctica proposta, tomando como referencia o Decreto 150/2022 do 8 de setembro que regula o currículo educativo desta etapa en Galicia. Cada unidade didáctica xira en torno a unha temática específica e nela inclúense obradoiros, instalacións,  actividades variadas,... así coma os obxectivos que imos traballar e de que maneira. Aproveitamos para incluír suxerencias e información sobre a canción do mes, festas, conmemoracións, aniversarios... 

 

Debido ao importante que é para nós ter pleno coñecemento das características globais do noso alumnado posto que ás veces pórtanse dunha maneira na Escola e doutra na casa, no parque, cos avós, etc. propoñemos titorías individualizadas nas cales as familias poden preguntar de forma específica asuntos de desenvolvemento da súa filla ou do seu fillo e ás mestras posibilítalle a opción a coñecer facetas do seu alumnado fóra do centro. Igualmente, de forma trimestral, facemos xuntanzas grupais por aula nas cales as mestras recordan cales son as normas da Escola e explican a proposta pedagóxica para o trimestre seguinte. Entendemos que este é un bo momento para escoitar propostas e aclarar dúbidas xerais.

 

 Información importante para as familias curso 2024-2025:

 

 _archivos/file/1_ Carpeta nais e pais curso 2024 2025.pdf

  

 

 

 

 

Amosar
Galerías fotográficas

A vida na Escola

Imaxes do centro

< Galería 1Galería 2 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 246 550
  • Fax: 986 246 550
  • Email: ei.bouzas@vigo.org
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rua Casiano Martínez, 18
Horarios do centro
  • Oficina: 09:30 a 11:30 horas
  • Clases: de 7:30 a 17:00.
Servizo de comedor

A Escola conta con cociña propia, e comidas elaboradas por persoal de cociña especializado para adaptar sempre as comidas ás características alimentarias do alumnado.

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org