A EIM Sta. Cristina conta con tres unidades para nenas/os de 3 meses ata 3 anos de idade, sendo a súa capacidade de 38 nenas/os en horario simultáneo.
O horario no que se desenvolve o servizo é de luns a venres de 7:30 a 20:00 horas, dende o 1 de setembro ata o 31 de xullo. O mes de agosto permanece pechada por vacacións.
O Equipo Profesional está formado por persoas debidamente cualificadas para o desempeño das súas funcións. Ademais, a Escola dispón dun servizo de Atención Temperá e de Asesoría Nutricional.
O idioma vehicular é o galego, respectando o Decreto 124/2007 de promoción da lingua galega no sector educativo e a Ordenanza Municipal acordada polo Pleno en 1998. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais da nosa Comunidade Autónoma e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º.
A Escola ten, entre outros, os seguintes obxectivos específicos: promover e fomentar o desenvolvemento integral das nenas/os, así como a aprendizaxe de habilidades sociais afectivas e cognitivas; promove-la participación activa de tódolos sectores que forman a comunidade educativa.
O Centro ofrece ás familias usuarias reunións periódicas coas mestras, participación e colaboración en distintas actividades, unha "Escola de Familias" organizada polo Equipo de Atención Temperá e Actividades Extraescolares coas familias os venres desenvolvidas por persoal cualificado.
-3 Aulas.
-Comedor e cociña propia.
-Aula de psicomotricidade.
-Sala de Mestras.
-Patio.
-Xardín con zona de xogos.
-Lugar cuberto para deixa-las cadeiras de paseo.
-Programa "Escola de familias": diferentes charlas,sobre esta primeira etapa,co equipo de atención temperá.
-Obradoiros coas famlias: actividades realizadas os venres pola tarde na escola para compartir un momento divertido con familias e cativos/as.
-Servizo de préstamo de libros.
-Colaboración en actividades organizadas pola Escola.
-Programa de xogos e obradoiros en familia: "Educar xogando".
-Programa de saídas:"Descubrindo o mundo".
Menús supervisados por unha Asesoría Nutricional e elaborados diariamente na propia Escola atendendo a dietas específicas.
-Almorzos: de 7:30 a 8:00 horas.
-Xantar: de 11:30 a 13:40 horas.
-Merenda: de 16:45 a 18:30 horas.