Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEIM Navia

EIM Navia - centro público

A Escola Infantil Municipal Navia forma parte da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Vigo

 

Conta con tres unidades para o alumnado comprendido entre os tres meses e ata os tres anos.

 

O horario de apertura da escola é de luns a venres de 7:30 a 17:00 horas. A escola permanece aberta dende o mes de setembro ata o 31 de xullo. O mes de agosto permanece pechada por vacacións, así como os días considerados festivos no calendario laboral e as festas laborais de carácter local.

 

As linguas faladas no centro son o galego e o castelán, ao 50% consonte o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, prestando unha atención especial á aprendizaxe do idioma galego, mediante metodoloxías que faciliten a súa inmersión lingüística. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º. Tamén se integra a Lingua de Signos na rutina diaria da escola.

 

A Escola ofrece diferentes servizos: "Escola de familias"; Reunións periódicas coas titoras; Participación das familias tanto en actividades como na organización de celebracións, entre outras.

 

Equipamento e instalacións

A escola conta con 3 aulas, unha para cada grupo de idade, co seguinte ratio: 

Ø  Aula 1: 8 nenos/as

Ø  Aula 2: 13 nenos/as

Ø  Aula 3: 20 nenos/as

 

Poderá haber aulas con idades mesturadas de non ter as matrículas suficientes para abrir aula (cunha ratio da aula 0-3 de 15 nenos/as) 

 

Ademais o centro conta con aula de psicomotricidade e comedor, ademáis de dous patios exteriores (un de herba e outro de corcho)

 

Amosar
Actividades
Extraescolares

Un venres ou sábado ao mes organízase un obradoiro para as familias. Son obradoiros onde acuden á escola xunto coas súas cativas e cativos para momentos lúdicos nos cales as familias poden coñecer e compartir momentos divertidos con compañeiras/os.

Da A.N.P.A.

As familias colaboran coa escola por medio da Asociación de Nais e Pais, tanto nas actividades especiais que se realizan nas aulas, coma nas celebracións e outras decisións que poidan ser tomadas no Consello Escolar, onde están representadas.

Amosar
Outra información de interese

 SERVIZOS DA ESCOLA:

-Equipo de Atención Temperá. Traballamos cun gabinete psicopedagóxico que colabora como órgano asesor do Centro. 

-Escola de Familias. Programamos grupos de charlas guiadas por especialistas para abordar as cuestións que máis inquedan xeralmente ás familias (alimentación, rabietas, sono, intelixencia emocional...) nesta primeira etapa e deste xeito facilitar estratexias e pautas para casa.

-Servicio Nutricional. O Servicio Nutricional de Galicia elabora os menús da Escola.

 

-Na seguinte ligazón atoparedes a "Carpeta de Nais e Pais" que conten documentación de gran importancia do noso centro, nela se inclúe un resumo do Regulamento de Réxime Interno e do Proxecto Educativo do Centro: _archivos/file/1_%20Carpeta%20curso%202025-26%20NAVIA.pdf

 

Na seguinte ligazón atoparedes as "NORMAS DE FUNCIONAMENTO (RRI) DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE VIGO": _archivos/file/Normas%20de%20funcionamento%20RRI(2).pdf

 

Na seguinte ligazón atoparede a "ORDEANANZA Nº23: Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación do servizo das escolas de primeira etapa de educación infantil":  _archivos/file/ordenanza%2023%20ESCOLAS%20PRIMEIRA%20ETAPA(1).pdf

 

escolas.vigo.org/docs/Resolucion_concesion_axudas_Xunta_2023.pdf

 

Amosar
Galerías fotográficas

DESCUBRINDO MUNDO

< Galería 1Galería 2Galería 3 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 68 78 22
  • Fax: 986 68 78 22
  • Email: ei.navia@vigo.org
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Pedra Seixa, 37
Horarios do centro
  • Oficina: De luns a venres de 9:30 a 11:30. Para vir outro día ou a outra hora, concertar cita
  • Titorías: Titoras de aula: 10:00 - 10:30 (previa cita) // Equipo de Orientación e/ou Dirección: previa cita.
  • Clases: Quenda continua: 7:30 a 17:00 h.
Servizo de transporte

 A escola non dispón de transporte escolar.

Servizo de comedor

 

A escola conta con cociña propia, menús elaborados polo Servicio Nutricional de Galicia (SERNUGA), e comidas elaboradas por persoal de cociña especializado para adaptar sempre as comidas ás características alimentarias do alumnado. 

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org