A EIM Mestres Goldar conta con tres unidades para nenas/os de 3 meses ata 3 anos de idade, sendo a súa capacidade de 39 nenas/os en horario simultáneo.
O horario no que se desenvolve o servizo é de luns a venres de 7:30 a 17:00 horas, dende o mes de setembro ata o 31 de xullo. O mes de agosto permanece pechada por vacacións.
O Equipo Profesional está formado por persoal, debidamente cualificado para o desempeño das súas funcións. A mais, a Escola dispón dun servizo de Atención Temperá e de Asesoría Nutricional.
O idioma vehicular é o galego, respectando o Decreto 124/2007 de promoción da lingua galega no sector educativo e a Ordenanza Municipal acordada polo Pleno en 1998. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais da nosa Comunidade Autónoma e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º.
A Escola ten, entre outros, os seguintes obxectivos específicos: promover e fomentar o desenvolvemento integral das nenas/os, así como a aprendizaxe de habilidades sociais afectivas e cognitivas; promove-la participación activa de tódolos sectores que forman a comunidade educativa.
O Centro ofrece ás familias usuarias reunións periódicas coas mestras, participación e colaboración en distintas actividades, unha "Escola de Familias" organizada polo Equipo de Atención Temperá e Actividades Extraescolares coas familias os sábados desenvolvidas por persoal cualificado.
A escola conta con tres aulas, as cales se atopan ambientadas no tema transversal que levamos a cabo neste curso "Explorando o mundo":
-Aula 1º: "Baby exploradores".
-Aula 2º: "Alegres exploradores".
-Aula 3º: "Intrépidos exploradores".
Dispoñemos de sala de psicomotricidade e comedor, cociña propia, patio exterior e dunha ampla recepción.
Debido a que a escola se atopa distribuída en tres plantas, dispoñemos de ascensor así coma aseos adaptados.
-Obradoiros e xogos en familia un sábado ao mes (sempre que as condicións sanitarias o permitan). Actualmente suspendidos pola COVID-19.
-Programa "Escola de familas": diferentes charlas, sobre esta primeira etapa, co equipo de atención temperá. Actualmente, online.
As familias colaboran coa escola por medio da Asociación de Nais e Pais, tanto nas actividades especiais que se realizan nas aulas, coma nas celebracións e outras decisións que podanser tomadas no Consello Escolar, onde están representadas.
A escola non dispón de transporte escolar.
Menús supervisados polo Servizo Nutricional de Galicia (SERNUGA) e elaborados diariamente na propia Escola atendendo a dietas específicas.
-Almorzos: de 7:30 a 8:00 horas.
-Xantar: de 11:30 a 13:30 horas.