Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCPR Monterrey

CPR Monterrey - centro privado concertado

O Colexio Monterrey, situado no corazón da Travesía de Vigo, naceu hai 50 anos. Nestes momentos o Colexio Monterrey é un centro concertado plurilingüe, que defende unha educación próxima, en constante contacto coas familias confiando na integración das mesmas como parte dun proxecto educativo facendo que a tarefa educativa sexa unha prolongación desde o colexio ata o fogar. O obxectivo principal do Colexio Monterrey é formar persoas que estean preparadas para a sociedade actual e ensinarlles a ser felices.

 

Conta cun equipo docente cun forte compromiso coa formación constante e a innovación, o que lles valeu para conseguir varios recoñecementos de calidade educativa. O último recoñecemento outorgado foi o premio polo proxecto de educación en valores "a nosa comisión de convivencia" nos " premios provinciais á mocidade" organizado pola Deputación de Pontevedra.

 

No desenvolvemento de proxectos utiliza metodoloxía SEM, programa de enriquecemento escolar para todo o alumnado enmarcado unha escola inclusiva que potencia o pensamento inductivo e aumenta o rendemento académico e procura o desenvolvemento de talentos e fortalezas.

 

A súa oferta abarca dende 4º Educación Infantil ata 4º da E.S.O., e utlizan uniforme. 

Para atender as necesidades das familias que se vexan na obriga de ter que deixar antes ós seus fillos no centro, os madrugadores chegan a partir das 7,30 da mañá e teñen servizo de comedor e actividades extraescolares.

Equipamento e instalacións

 Laboratorio de ciencias.
Aula de música.
Aula de informática.
Aula de psicomotricidade.
Comedor.
Biblioteca.
Aula de audición e linguaxe.
Aula de tecnoloxía.

Aula de plástica.
Ludoteca.
Patio cuberto.
Instalacións deportivas exteriores.

Ximnasio.
Patio exterior de 1.500 m2.

Amosar
Actividades
Extraescolares

Conta ademais con actividades extraescolares que prolongan o horario do alumno no centro (16 a 18).

Taekwondo
Fun play time

Robótica

Baile

Baloncesto

Natación

 

Da A.N.P.A.

Escola de pais: grupos de reflexión, onde se tratan temas que teñen que ver coa educación dos seus fillos, contando co asesoramento da psicóloga do centro.

Colabora co Centro na organización das festas de Nadal, Samaín, fin de curso, etc.

Organiza ó longo do curso obradoiros diversos

 

Amosar
Oferta educativa
Regulada
INFANTIL-PRIMARIA-ESO
Amosar
Outra información de interese

Gabinete psicopedagóxico.
Inglés dende os 3 anos.
Aula matinal: A partir das 7,30.
Profesor nativo auxiliar de conversa.

Amosar
Galerías fotográficas

O NOSO CENTRO

METODOLOXIAS ACTIVA

< Galería 1Galería 2Galería 3 >
Galería de vídeos
Novas do centro
  • 12/01/2024
    PLAN DE CONVIVENCIA
    Dentro do plan de Convivencia, o colexio Monterrey desenvolve unha serie de actividades en pos de unha escola inclusiva e non violenta.
  • 10/01/2024
    XORNADAS ABERTAS
    EDUCAMOS MOI PRETO DE TI
  • 18/01/2023
    SEMGAL
    Traballamos proxectos utilizando metodoloxí­a SEM
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
  • 1º Ciclo ESO (12-14 anos)
  • 2º Ciclo ESO (14-16 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 272 047
  • Fax: 986 272 047
  • Email: secretaria@colegiomonterrey.com
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Montecelo Alto, 51. 36207 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: de 9 a 14 horas
  • Clases: Aula matinal desde as 7,30 E. Infantil: de 9 a 14 horas. E. Primaria: de 9 a 14 horas. ESO: de 8.30 a 14.15, máis martes tarde 16.30 a 18.10 horas.
Servizo de comedor

Servizo de cáterin

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org