Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCPR MonterreyNovas do centro

Novas CPR Monterrey

PLAN DE CONVIVENCIA
Venres, 12 de xaneiro de 2024
Dentro do plan de Convivencia, o colexio Monterrey desenvolve unha serie de actividades en pos de unha escola inclusiva e non violenta.

 As actividadesdesenvolvidas son as seguintes:

Grupo de convivencia:

  Formado polos delegados dos catro cursos da ESO, a orientadora e a directora

  Cada venres reúnense, a última hora, para tratar o sucedido durante a semana.

  Levántase un escrito-acta dos acordos que se entregan o luns, a primeira hora, ós delegados e profesores.

  Os delegados, na titoría grupal, len a acta a toda a clase e recollen suxestións.

  Esas suxestións e o sucedido durante a semana, lévase de novo a seguinte xuntanza do venres.

 

Mediación:

•  Alumnos voluntarios de 3º ESO son preparados como Mediadores

  Alumnos da ESO e de  5º e 6º de primaria pode solicitar unha mediación para resolver un conflicto con un compañeiro/a, para o que:

- cubre unha ficha de solicitude

- elixe o mediador/a

- lévase a cabo a mediación (no despacho de orientación) con acordo por escrito.

- faise seguemento da mesma con data establecida

 

Titoría entre iguais:

  Alumnos voluntarios de 4º e 3º da ESO son titores de todos e cada un dos alumnos de 1º ESO.

  Cada titor alumno é un referente que acompaña o titorizado nos momentos do patio, antes de entrar e sair da clase.

  Informaos sobre o funcionamento do centro, acompañao se o precisa…

  Sirve para resolver os niveis  de inseguridade que poidan sentir ó estar nun espazo e cuns profesores descoñecidos.

  Axudan a compensar os posibles  desequilibrios de poder e forza.

  É unha forma de prevención e disuasión dun posible acoso escolar.

  Facilitan o proceso de integración dos alumnos novos no centro.

  Facilita a cohesión da Comunidade Educativa.

  Sensibiliza para a tolerancia cero ante a violencia.

Voltar ao centro
Datos de contacto
  • Tlf: 986 272 047
  • Fax: 986 272 047
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Montecelo Alto, 51. 36207 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: de 9 a 14 horas
  • Clases: Aula matinal desde as 7,30 E. Infantil: de 9 a 14 horas. E. Primaria: de 9 a 14 horas. ESO: de 8.30 a 14.15, máis martes tarde 16.30 a 18.10 horas.
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org