Ola a todas e a todos:
Xa vai comezar o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2026-2027. En breve imos a ter Xornadas de Portas Abertas para que poidades coñecer a liña educativa do noso centro, os nosos equipos educativos, as nosas instalacións e servizos complementarios. Ademáis deixamos algunha alternativa, ao longo deste apartado, para que nos coñezades mellor. Benvidos e Benvidas ao noso cole.
1- Xornadas Presenciais con cita previa:
a) En horario de tarde: o martes 10 de febreiro ás 17:00 h, o martes 24 de febreiro ás 16.15 h
b) En horario de mañá: o mércores 25 de febreiro ás 12.15 h
Para realizar a visita é imprescindible solicitar CITA PREVIA no teléfono da nosa secretaría (886 120 115) indicando os datos persoais básicos ( curso solicitado, persoa de contacto, número de teléfono )
2- Viaxe virtual polo noso centro no que poderedes acceder dende esta mesma páxina ,cunha introdución previa realizada polos nosos alumnos.
3- Teléfono de asistencia para información xeral : 886 120 115
4- Díptico coa información esencial do noso centro, a descargar nesta páxina.
5- Acceso á sección de Educación do Concello onde fiigura información básica sobre os centros educativos de Vigo
Ante calquera dúbida, contactar coa nosa secretaría ( 886 120 115 Lourdes). Esperamos a vosa visita. Benvidas e Benvidos
vigo.org