Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP Escultor Acuña

CEIP Escultor Acuña - centro público

Adscrito ao centro: IES Álvaro Cunqueiro (Coia 4)

Enclavado no barrio de Coia, o centro educativo Escultor Acuña é un colexio público cunha longa tradición educativa que se caracteriza pola  optimización no uso dos seus recursos educativos e sociocomunitarios. Contamos cun equipo de profesionais consolidados, con gran compromiso profesional e cunha constante actitude de innovación e mellora no traballo cooperativo. Fomentamos a boa relación e cooperación de toda a Comunidade Educativa a través dun Plan de Convivencia de carácter integrador.

Levamos máis de 25 anos traballando para proporcionar ao alumnado una educación integral, axudándolle a desenvolver ao máximo todas as súas potencialidades para que cheguen a ser  responsables e competentes persoal e socialmente.

As claves do noso traballo son:

  • Planificación educativa derivada dunha constante avaliación do alumnado e do contorno social previa.
  • Educación personalizada, individualizada e colaborativa do noso alumnado.
  • Establecemento dunha positiva e comprometida cooperación familiar, xa que é ela a referente educadora dos seus fillos.
  • Potenciación de valores sociais e democráticos: respecto, alegría, responsabilidade, creatividade, esforzo, colaboración, orde e solidariedade. Respecto ao medio ambiente e fomento do uso da lingua galega.
  • Metodoloxía de traballo por proxectos educativos en Educación Infantil e metodoloxías orientadas as Competencias Clave en Educación Primaria.
  • Apertura do centro a todo tipo de actividades e proxectos conxuntos ( Universidade, outros centros educativos, saídas didácticas, actividades no centro...) que redunden nunha mellora visión de centro aberto ao entorno e a realidade social.


Outros datos de interese:

 

Metodoloxía de Proxectos en Educación Infantil e  Equipos Colaborativos en Primaria

 

Premio Nacional da Confederación Nacional de Persoas Sordas (CNSE)

Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares. Informatizada co Programa KOHA con  préstamo para alumnado, pais e profesorado.

 

Radio Escolar e Biblioteca Creativa

 

Contratos Programa da Consellería de Educación: CP Inclúe e CP Innova 2024

 

Proxecto Ambiental de Voz Natura

Música e inglés dende os 3 anos.

  

Revista anual "A Voz do Mariscal".

 

Visitade a nosa web : Escultor Acuña

 

ANPA Escultor Acuña:   https://www.facebook.com/anpaescultoracunha/?locale=es_ES 

Equipamento e instalacións

· Comedor e servizo "Espertar Xogando" de 8:00 a 9:00 horas xestionado pola nosa ANPA
· 6000 m2 de pistas deportivas e patios de herba ( patios de infantil e primaria)
· Biblioteca con 4000 volumes con servizo de préstamo. Equipamento informático e equipos de proxección.
· Instalacións deportivas: Ximnasio, baloncesto, voleibol, fútbol sala, balonmán, bádminton.
· Aulas  Música (90 m2), Laboratorio, Plástica, Usos Múltiples e 2 aulas de idiomas.
· Especialización na atención a alumnado xordo.
· Horto Escolar.

Amosar
Actividades
Extraescolares

O centro organiza saídas didácticas ao entorno e institucións da cidade.

As actividades da tarde son organizadas pola ANPA. Desenvólvense a partir das 16 horas: Baloncesto, voleibol, fútbol sala, taekwondo, patinaxe, obradoiros de plástica, pintura, xogamos en inglés, teatro, cociña, lingua de signos, danza e piscina.

Da A.N.P.A.

A ANPA está integrada e participa na dinámica do centro. Promove, organiza e xestiona o comedor escolar, o servizo Espertar Xogando e as Actividades Extraescolares:
· Obradoiros de Plástica (nenos e adultos)
· Taller de cociña.
· Taekwondo.
· Fútbol sala.
· Baloncesto.
· Voleibol.
· Teatro de nenos e adultos.
· Piscina.
· Xogamos en Inglés.
· Danza moderna.  Contacto: 677 236 143 (De 16 a 16:30) e anpa.escultoracunha@gmail.com

Amosar
Oferta educativa
Regulada
2º Ciclo de Educación Infantil (4º-5º-6º) Educación Primaria (1º a 6º)
Amosar
Outra información de interese

O CEIP Escultor Acuña é centro de referencia na escolarización de alumnado con deficiencias auditivas. Contamos con coidadoras, con persoal especialista de Audición e Linguaxe e con equipamento e espazos adaptados a alumnos xordos mediante emisoras de FM, bucles magnéticos...

 

Visita a nosa web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipescultoracunha/

 

Visita o noso Tour Virtual en 3D: https://www.dexira.es/virtual/tour_escultor_acuña

 

Descarga o noso díptico coas información das Xornadas de Portas Abertas 

 

ptico coa información esencial do noso centro, a descargar nesta páxina.

 

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 115
  • Fax: 886 120 118
  • Email: ceip.escultor.acunha@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa A Estrada, 10. 36209 (Coia) Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: de 9 a 10 e de 13 a 14 horas.
  • Titorías: Martes de 17 a 18 horas
  • Clases: de 9 a 14 horas.
Servizo de transporte

O colexio conta con 3 liñas de transporte gratuítas:
· A Guía -G. Barbón-Paseo Alfonso -Camelias.
· Meixoeiro -Travesía de Vigo -Gran Vía.
· Navia -Avda Castrelos -Balaídos -Florida.

Servizo de comedor

Xestionado pola ANPA, funciona con servizo de cátering (Empresa Calidus). Prazas limitadas.

 Tamén contamos co servizo "Espertar xogando" de 7.45  a 9.00  da mañá e que pode incluír o almorzo.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org