Ola a todas e a todos:
Xa vai comezar o proceso de admisión de novo alumnado para o curso 2024-2025. En breve imos a ter Xornadas de Portas Abertas para que poidades coñecer a liña educativa do noso centro, os nosos equipos educativos, as nosas instalacións e servizos complementarios. Ademáis deixamos algunha alternativa, ao longo deste apartado, para que nos coñezades mellor. Benvidos e Benvidas ao noso cole.
1- Xornadas Presenciais con cita previa:
a) En horario de mañá: os martes, días 6, 20 e 27 de febreiro en horario de 10.30 a 11.30 horas
b) En horario de tarde os xoves, días 8, 22 e 29 de febreiro en horario de 17.00 a 18.00 horas
Para realizar a visita é imprescindible solicitar CITA PREVIA no teléfono da nosa secretaría (886 120 115) indicando os datos persoais básicos ( curso solicitado, persoa de contacto, número de teléfono e correo electrónico).
2- Viaxe virtual polo noso centro no que poderedes acceder dende esta mesma páxina ,cunha introdución previa realizada polos nosos alumnos.
3- Teléfono de asistencia para información xeral : 886 120 115
4- Díptico coa información esencial do noso centro, a descargar nesta páxina.
5- Acceso á sección de Educación do Concello onde fiigura información básica sobre os centros educativos de Vigo
Ante calquera dúbida, contactar coa nosa secretaría ( 886 120 115 Lourdes). Esperamos a vosa visita. Benvidas e Benvidos