Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCEIP A Paz-Tintureira

CEIP A Paz-Tintureira - centro público

Adscrito ao centro: IES Coruxo

O    O COLEXIO ESTÁ SITUADO a 300 m do cruce da estrada de Camposancos (antiga estrada de Baiona) hacia Fragoselo e Chandebrito, nun emprazamento tranquilo con vistas ao mar e ao monte.

 
TEMOS 3 LIÑAS DE TRANPORTE que achegan ao noso centro, alumnado dende Praza España, Gran Vía, Florida, Teixugueiras, Roteas, Fragoselo e Chamdebrito.
 
O NOSO PROXECTO DE CENTRO quere fomentar os valores de aceptación e respecto pola diversidade, unha convivencia positiva, solidariedade, e implicación de toda a comunidade educativa no proceso de ensinanza aprendizaxe. Consideramos imprescindible unha relación fluida e cordial entre o profesorado, o alumnado e as súas familias. Tamén a interacción coas institucións do noso contorno. Por iso, participamos en numerosos proxectos promovidos pola Xunta, Concello e diversas empresas e institucións da zona, ou fora desta, xa que consideramos que complementan e enriquecen o noso PEC.
 
OS NOSOS OBXECTIVOS son axudar ao noso alumnado a:
  • Coñecer o seu propio corpo e os dos outros, e as súas posibilidades e límites, para construír unha imaxe axustada de si mesmos. E aprender a respectar as diferencias, entendendo que nos enriquecen.
  • Observar e explorar o seu contorno familiar, natural e social, desenvolvendo actitudes de respecto e conservación. E adquirir progresivamente, autonomía nas súas actividades habituais e naquelas que require a vida en sociedadeDesenvolver as súas capacidades afectivas, relacionándose cos demáis. Tamén, adquirir progresivamente habilidades sociais e exercitarse na resolución pacífica de conflitos, para facer posible una convivencia positiva.
  •  Desenvolver habilidades comunicativas en diferentes linguaxes e formas de expresión, fomentando a liberdade para amosar a súa imaxinación,  sensibilidade estética e creatividade. E descubrir e participar nalgunhas celebracións sociais, culturais e artísticas desenvolvendo unha actitude de respecto, interese e valoración.
  •  Avanzar na adquisición de contidos académicos apoiándonos nos seus coñecementos e na realidade que nos rodea. Partindo dos seus intereses e de proxectos que fomenten a investigación, a exposición e defensa de argumentos, e a busca conxunta de solucións e consenso. Traballando de xeito individual e tamén colaborativo.
O COMPROMISO DO PROFESORADO é axudar ao alumnado e orientar ás súas familias, por iso estamos en constante formación para mellorar a nosa práctica educativa e reformar o entorno no que se desenvolve, o noso centro.
 
 ALGÚNS ASPECTOS METODOLÓXICOS:
·         A interacción familia-escola, porque a educación, xuntos sempre é máis doado. E resulta fundamental para conseguir o clima de confianza e seguridade que precisa o noso alumnado para o seu desenvolvemento positivo.
·         O respecto pola diversidade, descubrindo que nos enriquece. E o traballo conxunto pola inclusión, colaborando con entidades que axudan a profesorado e familias.
·         Metodoloxías activas, manipulativas e participativas, que consideran o que sabe o alumnado para avanzar no seu desenvolvemento e na consecución das competencias claves. Presentación ou elección de propostas individuais ou en grupo: propostas libre ou dirixidas en recantos, proxectos de traballo, investigacións, exposicións, resolución de tarefas, debates, etc.
·         O traballo conxunto coa ANPA e resto da Comunidade educativa, en especial, co EQUIPO DE COCIÑA, que desenvolven unha chea de actividades relacionadas co nos proxecto anual de centro, e coas diferentes celebracións, concursos e festas nas que participamos.
 .         Participación en diferentes campañas e proxectos ofertados polo concello ou outras entidades, como o Plan Director para a prevención de drogas, os obradoiros de coeducación e igualdade, charlas para alumnado e familias sobre limites ou resolución de conflitos coa asociación ÉRGUETE, educación medioambiental, etc.
.          Plan lector: Hora de lectura diaria, Mochilas Viaxeiras, préstamo de biblioteca para alumnado e familias en horario de mañá e tarde. E en infantil tamén, préstamo de fin de semana “Os contiños que veñen e van”.
Equipamento e instalacións

-  Despacho de dirección e xefatura.

-  Despacho de secretaría.

-  Despacho do Departamento de Orientación.

-  3 aulas para Educaión Infantil.

-  7 aulas para Educación Primaria
-  Aulas específicas de Música, Plástica para infantil e outra para primaria, Relixión, Informática, Psicomotricidade, Inglés.
-  Aulas Logopedia.

- Aula de Pedagoxía terapéutica.
-  Biblioteca ampliada e luminosa, con renovación permanente de fondos, equipamento informático e mobiliario.
Servizo de préstamo, actividades de dinamización.

-  Amplo comedor.

-  Cociña propia.Amplio pabilón para ximnasio.
-  Patio de 5.000 m2 con pistas polideportivas e gradas.
-  Patio cuberto de 400 m2 .
-  Parque infantil con areeiro.
· Zonas axardinadas e horto.

Amosar
Actividades
Extraescolares

- NO CENTRO ALGUNHAS DAS NOSAS ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES: 

Algunhas celebracións : Samaín, Magosto (Parque Forestal de S. Miguel de Oia), Nadal, Día da Paz, Día da muller na ciencia,Semana do amor e a amizade, Entroido, Día da poesía,  Día da Letras Galegas, Semana da Prensa, Semana do libro, Día de Rosalía, Fin de Curso : graduación 5 anos e 6º E. Primaria
Algunhas visitas e charlas no centro, impartidas por diferentes entidades. Para a prevención de abusos, do Plan Director sobre drogas, emprego adecuado das novas tecnoloxías, diferentes obradoiros, contacontos, visitas de autores e ilustradores de libros e contos.
Algunhas excursións gratuítas co programa VIGOEDUCA e outras nas que contamos coa axuda da ANPA para a súa subvención ou parte da mesma.  Así imos a algún espectáculo no teatro  Afundación e Sala Ártika, a museos, actividades de Naturnova, Concertos no Conservatorio, diferentes museos, algunha granxa-escola, empresas da zona,etc.

-LUDOTECA promovida polo CRACC de Coruxo e o Concello todos os días de 16:00 a 20:00 horas. Tamén abre en vacacións.

Da A.N.P.A.

-  ANPA moi activa E PARTICIPATIVA, con local propio dentro do centro.

-  Organiza actividades extraescolares de luns a venres entre as 16:00 e as 18:00 h.

-  As actividades extraescolares de este ano foron: multideporte, natación, baile moderno, taekwondo.

-  Organizan  e costean excursións para o alumnado. E organizan excursións e actividades para familias.

-  Participan nas celebracións e actividades do colexio do colexio.

- Colaboran no comedor.

 

 

Amosar
Oferta educativa
Regulada
-2º Ciclo Educación Infantil -Educación Primaria -Departamento de orientación con Orientadora, mestra de P.T. e mestra de A.L., que traballa conxuntamente co alumnado, profesoradado e familias. E tamén, de xeito interprofesional cos Equipos de orientación específicos, profesionais de ámbito clínico e gabinetes . -Sección Bilingüe na área de Ciencias Sociais (4º Primaria) e auxiliar de conversa. -Plan de Benestar Emocional. -PLAMBE -Contratos Programa INCLÚE: Emociona-T, Convive-T, Iguala-T, Inclúe-T -Plan Proxecta Plus: Vida saudable. -Contratos Programa INNOVA: EDU SAÚDE e EDU SOTIBILIDADE. para promover hábitos de vida saudables, impulsar unha educación para o desenvolvemento sostible e mellorar a xestión do centro.
Non regulada
COMEDOR DE XESTIÓN DIRECTA (con cocina propia). Somos un COMEDOR km 0, que conforma os seus menús con produto local, de tempada e ecolóxicos. Apoiamos aos pequenos produtores e de cercanía. Tamén dende a cociña, desenvólvense actividades que complentan o proxecto educativo do noso centro: -Consello de comedor, onde a cociñeira se reune cun grupo de alumnado dos diferentes cursos e entre todos elaboran un menú saudable para o seguinte mes. -Taboleiro educativo onde nos enteramos de onde veñen os alimentos, quen inventou un prato do menú, días nos que se conmemora a importancia dun alimento, etc. -Menús con literatura gastronómica onde relacionamos os pratos do menú cun conto o libro. -Concurso de adiviñas, onde o alumnado ten que recoñecer o ingrediente sorpresa dun prato. -Os postos de intendencia nos concursos deportivos. As xornadas de comidas do mundo, etc. ACTIVIDADES XESTIONADAS E ORGANIZADAS POLA NOSA A.N.P.A: - Aula de madrugadores (almorzo e actividades) de 7:45h a 9:15h - Actividades Extraescolares de luns a venres pola tarde de 16:00h a 18:00h Este ano tiemos:cine, cociña, taekwondo, patinaxe, robótica, pintura, baile moderno, baloncesto, fútbol sala, bright miunds e multideporte. E ofertan diferetes actividades a comezo de curso e se deciden en función do número das solicitudes que o as fan viables. Tamén colaboran nas festas e datas sinaladas do curso e organizando e subvencionando recursos e actividades para o centro. LUDOTECA PROMOVIDA POLO CRAC DE CORUXO: aberta de 16:00h a 20:00h
Amosar
Outra información de interese

CENTRO:

. Horario Lectivo: 09:15 a 14:15 h
. Horario Atención familias: martes 17h a 18h
. Horario Secretaría: mércores e xoves de 9:15h. a 10:00h. 
 de 10h. a 11:30h.
. Horario dirección: luns e venres de 09:15h. a 10:15h.
. Remate Servizo Comedor: 16h
. Saída autobuses: 15:30h ou 15h pola situación da pandemia.
 
ANPA:
-Madrugadores: de 7:45h a 9:15h.
-Actividades extraescolares; desenvolvense pola tarde de 16:00h a 18:00h

LUDOTECA:  Somos a sede da Ludoteca de Coruxo con horario de 16:00 a 20:00 horas de luns a venres.
Amosar
Galerías fotográficas

O CENTRO POR DENTRO

A VIDA NO CENTRO

SOMOS UN COMEDOR KM 0

A NOSA ANPA

< Galería 1Galería 2Galería 3Galería 4 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 271
  • Fax: 886 120 274
  • Email: ceip.apaz@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Fragoselo,42 Coruxo-Vigo C.P. 36330
Horarios do centro
  • Oficina: Secretaría: martes e mércores de 09:15h a 10:00h. Dirección: mércores e venres de 09:15h a 10:00h. (cita previa)
  • Titorías: Martes de 17:00h a 18:00h.
  • Clases: De luns a venres de 9:15 a 14:15 horas
Servizo de transporte

Liña 1: Teixugueiras, Roteas.

Liña 2: Gran Vía, Praza de América, Florida, Teixugueiras, Trevinca.

Liña 3: Chandebrito.

Servizo de comedor

-Dende o pasado ano 2021 SLOW FOOD COMPOSTELA; concedeunos o PREMIO COMEDOR KM 0. SEndo o único colexio de Pontevedra con este galardón. Este premio recoñece a gran labor do noso equipo de cociña, por apostar por unha alimentación san e asudable para o nos alumnado. aumentando o consume de verdura, peixe e froita, evitando as frituras, as grasas saturadas e a comida conxelada e prefabricada.

 

-Comedor subvencionado pola Xunta, pero con xestión directa polo centro.

 

-Cociña propia con producto en su maioria locales, da nos comunidade e da tempada.

 

-Elaboración mesual dos menús, que se colgan na páxina web do centro.

 

-O persoal actualmente e 1 cociñeira, 2 axudantes de cociña e pola situación da pandemia, 11 coidadoras.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org