Toda a información actualizada en:
www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade/
O IES Beade foi creado en 1988 para dar servizo de Ensino Medio as parroquias do sur do Concello de Vigo : Castrelos, Beade, Matamá, Zamáns, Valadares e Sárdoma.
O centro desenvolve un Proxecto Educativo que ten como fin a formación integral e harmónica do alumnado no que primen os valores democráticos e de convivencia.
Ademais, o IES de Beade ofrece un ensino que ten como obxectivos xerais:
Para o desenvolvemento deste obxectivos o centro trata de dar participación activa ao alumnado mediante a posta en práctica dos diferentes plans do PEC. Tratase do noso proxecto educativo do centro, e se pode consultar na propia páxina web do centro ou directamente no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade/?q=node/575#attachments
Creemos que algo moi importante que forma parte da nosa identidade son as distintas actividades complementarias e extraescolares que se levan a cabo, e tamén as distintas participacións en contratos programa.Este ano contamos co Club de Ciencias, que leva en marcha dende fai moitos anos, pero tamén dun obradoiro de Cerámica co que comezamos este ano. Tamén estamos implicados en proxectos Erasmus, tanto con estudantes como con profesores. Son unha serie de actividades que amosan a implicación do profesorado docente en ámbitos que van moito máis alá do escolar.
O IES de Beade aposta fortemente pola atención á diversidade do alumnado. Contamos para elo co excelente traballo do noso departamento de orientación que, entre outras medidas, organiza:
Tamen se conta coa nosa participación en varias modalidades do "Plan Proxecta" da Consellería de Educación
Club de Lectura (CLUBELÉ) orientado a dinamizar foros literarios.
Club de Ciencias para promover a experimentación e a curiosidade científica.
Programas Erasmus: Blog Eramus plus
E contamos con seccións bilingües en inglés nos que o alumnado pode reforzar e mellorar os seus coñecementos nese idioma.
Transporte escolar: 7 liñas.
-Aula de Debuxo.
Os martes ao mediodía hai actividades lúdico-formativas coordinadas por profesorado do centro, totalmente gratuitas. Este curso escolar, o clube de ciencias e un obradoiro de cerámica.
A ANPA colabora nalgunhas das actividades extraescolares.
PROGRAMAS EDUCATIVOS
No IES de Beade participamos en innumerables programas educativos promovidos polo Concello de Vigo, pola Consellería de Educación, pola Unión Europea e por outras entidades. Entre eles, cabe destacar: programa “Vigo por dentro” (visitas didácticas gratuitas), “Enlaza Vigo” (contra a violencia de xénero), Normalización Lingüística do Concello de Vigo, Programa Arce, contrato-programa de “Mellora da convivencia e promoción da igualdade nos centros” e de “Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia“, Plan Proxecta (Meteoescolas, O monte vivo, Mobilidade sostible e segura, Consumópolis...), programa “Quérote”, programa do 061 de formación do alumnado en primeiros auxilios, programas europeos Erasmus plus e eTwinning.
En 2018/2020 temos en marcha un programa de intercambio Erasmus+ con alumnado de Francia, Italia e Letonia, e o curso escolar 2022-2023 tivemos en marcha un proxecto xunto con Bulgaria, República Checa, Portugal e Grecia no que o noso alumnado visitou os países mencionados realizando actividades conxuntas que preparaban durante o ano.
Toda a información sobre os programas Erasmus do centro podedes atopala no blog Erasmus
CONCURSOS E PREMIOS
O noso centro participa en diversas convocatorias de premios. Durante os últimos cursos escolares, por exemplo, o noso alumnado participou con varios proxectos no concurso de CinVigo, un festival científico gratuíto e no centro da cidade. Tamen obtivo o primeiro premio no VI Concurso da Incubadora de sondaxes e experimentos, organizado pola Sociedade Galega de Estatística (SGAPEIO) e fumos seleccionados pola "Fundación española para la ciencia y la tecnología" (fundación adscrita ao Ministerio de Economía y Competitividad) para participar na organización do “Finde científico 2016” (actividade de divulgación das iniciativas científicas dos centros educativos) que se celebrou en Alcobendas en outubro de 2016. Tamén recibimos o Diploma pola nosas participación no programa "Pasaportes Solidarios" e dous Selos de Calidade Europea por dous proxectos do programa eTwinning:
CLUBS E ACTIVIDADES
Ofrecemos ao noso alumnado a posibilidade de formar parte, de xeito totalmente gratuito, de diversos grupos e clubs e de participar en moitas actividades extraescolares, organizadas por profesorado voluntario, durante os recreos e os martes de 15h a 16:30h.
Así, contamos cun Club de Ciencia, un Club de lectura, actividades de reciclaxe, xogos cooperativos, actividades de xadrez, etc.
Os clubs teñen aloxados blogs dentro da web do centro, onde nos ensinan as súas actividades
Parte destas actividades desenvolvense na antiga vivenda do conserxe, habilitada polo propio alumnado como espazo de lecer.
FESTAS E CONMEMORACIÓNS
Celebramos xuntos distintas datas, como o día da paz, o día contra a violencia de xénero, o día da muller, o día das letras galegas, o día dos dereitos humanos... En todos estes actos o lumnado participa activamente, sendo o protagonista dos mesmos.
Tamén, coa colaboración da ANPA, celebramos as nosas festas populares, como o magosto e o entroido.
No mes de maio celebramos unha “Semana de exposición de proxectos e traballos”, na que o alumnado expón o que fixo nos diferentes clubs ou nalgunhas materias. Ese día son eles os que exercen de “profes” e explican ao resto de compañeiros, ao profesorado e ás famiñias que se achegan moitas das cousas que aprenderon durante o curso.
WEB E APP
O centro dispón dun sitio web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade)
e dunha APP (para dispositivos Android, descargable no GooglePlay sen máis que buscar “IES de Beade”), que son actualizadas constantemente e nas que se comunican as novidades e eventos (ademais de polos medios tradicionais). Ademais, na web publícanse as actividades dos diferentes clubs e conta cunha galería de fotos e videos das viaxes e actividades. Contamos tamén coa “Televisión do IES de BEADE”, que da conta de charlas, actuacións, entrevistas e outros eventos salientables.
7 liñas de transporte