Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEIM Navia

EIM Navia - centro público

A Escola Infantil Municipal Navia forma parte da Rede de Escolas Infantís Municipais do Concello de Vigo

 

Conta con tres unidades para nenas e nenos dende os tres meses ata os tres anos.

 

O horario de apertura da escola é de luns a venres de 7:30 a 20:00 horas.

Conta con dúas quendas, a quenda da mañá (7:30 a 15:30h), e a quenda da tarde (16:00 a 20:00h).

 

A escola permanece aberta dende o mes de setembro ata o 31 de xullo. O mes de agosto permanece pechada por vacacións, así como os días considerados festivos no calendario laboral e as festas laborais de carácter local.

 

As linguas faladas no centro son o galego e o castelán, ao 50% consonte o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, prestando unha atención especial á aprendizaxe do idioma galego, mediante metodoloxías que faciliten a súa inmersión lingüística. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º. Tamén se integra a Lingua de Signos na rutina diaria da escola.

 

A Escola ofrece diferentes servizos: "Escola de familias"; Reunións periódicas coas titoras; Participación das familias tanto en actividades como na organización de celebracións, entre outras.

 

Equipamento e instalacións

A escola conta con 3 aulas, unha para cada grupo de idade, co seguinte ratio: 

Ø  Aula 1: 8 nenos/as

Ø  Aula 2: 13 nenos/as

Ø  Aula 3: 20 nenos/as

 

Poderá haber aulas con idades mesturadas de non ter as matrículas suficientes para abrir aula (como soe ocorrer na quenda da tarde, cunha ratio da aula 0-3 de 15 nenos/as) 

 

Ademais o centro conta con aula de psicomotricidade e comedor, ademáis de dous patios exteriores (un de herba e outro de corcho)

 

SERVIZOS DA ESCOLA:

1. Equipo de Atención Temperá. Traballamos cun gabinete psicopedagóxico que colabora como órgano asesor do Centro. 

2. Escola de Familias. Programamos grupos de charlas guiadas por especialistas para abordar as cuestións que máis inquedan xeralmente ás familias (alimentación, rabietas, sono, intelixencia emocional...) e deste xeito facilitar estratexias e pautas para casa.

3. Servicio Nutricional. O Servicio Nutricional de Galicia elabora os menús da Escola. 

 

 

 

 

 

Amosar
Actividades
Extraescolares

Un venres ou sábado ao mes organízase un obradoiro para as familias. Son obradoiros onde acuden á escola xunto coas súas cativas e cativos para momentos lúdicos nos cales as familias poden coñecer e compartir momentos divertidos con compañeiras/os.

Da A.N.P.A.

As familias colaboran coa escola por medio da Asociación de Nais e Pais, tanto nas actividades especiais que se realizan nas aulas, coma nas celebracións e outras decisións que poidan ser tomadas no Consello Escolar, onde están representadas.

Amosar
Outra información de interese

RELACIÓN FAMILIA-ESCOLA

 

Educar é unha tarefa conxunta entre a Escola e a Familia e por iso facemos especial fincapé na boa relación comunicativa entre ambos axentes educativos propiciando unha transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamentos. Na Escola dámoslle moita importancia a que as familias saiban en todo momento as actividades que se están a facer na Escola e explicámoslles de que forma poden participar con nós. A diario as familias reciben información verbal individualizada sobre cada peque: feitos destacables, estado de ánimo, alimentación, sono, deposicións... Propiciamos un momento comunicativo de intercambio de información sobre as cativas e cativos. Todos os meses enviamos un boletín informativo no cal explicamos a unidade didáctica proposta, que obxectivos imos traballar e de que maneira. Aproveitamos para incluír suxerencias e información sobre a canción do mes, festas, conmemoracións, aniversarios... Debido ao importante que é para nós ter pleno coñecemento das características globais do noso alumnado posto que ás veces pórtanse dunha maneira na Escola e doutra na casa, no parque, cos avós, etc. propoñemos titorías individualizadas nas cales as familias poden preguntar de forma específica asuntos de desenvolvemento da súa filla ou do seu fillo e ás mestras posibilítalle a opción a coñecer facetas do seu alumnado fóra do centro. Igualmente, de forma trimestral, facemos xuntanzas grupais por aula nas cales as mestras recordan cales son as normas da Escola, fan un repaso con fotos e vídeos do traballado durante o trimestre anterior e explican a proposta pedagóxica para o trimestre seguinte. Entendemos que este é un bo momento para escoitar propostas e aclarar dúbidas xerais.

 

 

Amosar
Galerías fotográficas

DESCUBRINDO MUNDO

< Galería 1Galería 2Galería 3 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 68 78 22
  • Email: ei.navia@vigo.org
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Pedra Seixa, 37
Horarios do centro
  • Oficina: Luns, mércores e venres de 10:00 a 12:00 horas // Martes e xoves de 16:00 a 18:00 horas.
  • Titorías: Quenda de mañá ás 9:45 horas // Quenda de tarde ás 16:30 horas // Có Equipo de Atención Temperá todas as titorias serán con cita previa.
  • Clases: Quenda de mañá: 7:30/09:15-15:00-15:30 horas // Quenda de tarde: 16:00-20:00 horas
Servizo de comedor

 

A escola conta con cociña propia, menús elaborados polo Servicio Nutricional de Galicia (SERNUGA), e comidas elaboradas por persoal de cociña especializado para adaptar sempre as comidas ás características alimentarias do alumnado. 

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org