A EIM Mestres Goldar conta con tres unidades para nenas/os de 3 meses ata 3 anos de idade, sendo a súa capacidade de 39 nenas/os en horario continuo.
A Escola, con carácter xeral, dispón dun horario continuo de luns a venres de 7:30 a 17:00 horas, dende o mes de setembro ata finais de xullo. O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses e a súa estancia mínima será de 4 horas e a máxima de 8 horas, sempre tendo en conta a organización interna da escola.
O Equipo Profesional está formado por persoal, debidamente cualificado para o desempeño das súas funcións e que senten gran vocación pola súa profesión. A maiores, a Escola dispón dun servizo de Orientación e Atención Temperá e de Asesoría Nutricional.
A Escola promove o desenvolvemento integral das crianzas dentro dunha contorna segura e acolledora, así como tamén fomenta a aprendizaxe de habilidades sociais, afectivas e cognitivas nun ambiente respectuoso e de confianza.
As linguas faladas no centro son o galego e o castelán, ao 50% consonte o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, prestando unha atención especial á aprendizaxe do idioma galego, mediante metodoloxías que faciliten a súa inmersión lingüística. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º. Tamén se integra a Lingua de Signos na rutina diaria da escola.
O Centro ofrece ás familias usuarias reunións periódicas coas mestras, participación e colaboración en distintas actividades, unha "Escola de Familias" organizada polo Equipo de Orientación e Atención Temperá e "Obradoiros de familias" desenvolvidas por persoal cualificado un fin de semana ao mes.
A escola conta con tres aulas, unha para cada grupo de idade:
- Aula 1º (de 3 meses a 1 ano)
- Aula 2º (de 1 a 2 anos)
- Aula 3º (de 2 a 3 anos)
Neste Curso 2025-26, o tema transversal que levaremos a cabo neste curso "Unha escola de cine", o cal será o nexo de unión de gran parte de actividades da nosa escola.
Dispoñemos de sala de psicomotricidade e comedor, cociña propia, patio exterior e dunha ampla recepción.
Debido a que a escola se atopa distribuída en tres plantas, dispoñemos de ascensor así coma aseos adaptados.
- Obradoiros e xogos en familia un venres pola tarde ao mes, organizados por persoal educativo cualificado.
- Programa "Escola de familas": diferentes charlas, sobre esta primeira etapa, co noso Equipo de Orientación e Atención Temperá.
As familias colaboran estreitamente coa escola por medio da Asociación de Nais e Pais, tanto nas diferentes actividades que se realizan nas aulas, coma nas celebracións e outras decisións que poidan ser tomadas no Consello Escolar, onde están representadas.
A escola conta con cociña propia e os menús son elaborados e supervisados polo Servizo Nutricional de Galicia (SERNUGA).
As comidas son elaboradas diariamente polo persoal de cociña, sempre adaptadas ás diversas alerxias e intolerancias alimenticias que poidan ter as crianzas.
vigo.org