Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCPR San Fermín

CPR San Fermín - centro privado concertado

Adscrito ao centro: IES de Teis

O colexio San Fermí­n leva formando alumnos/as da zona da Travesía de Vigo e arredores máis de 50 anos. Actualmente acolle alumnos/as de 3 a 13 anos, nas etapas de E. Primaria e Infantil (3 aulas de E. Infantil e 6 de E. Primaria). É un centro cercano, cun ambiente tranquilo e familiar que facilita en gran medida o labor educativo.

A atención co alumnado e as familias é individualizada, creando así unha boa convivencia entre estes e os demáis membros da comunidade educativa. Ademáis, cremos que a comunicación é un factor indispensable, polo que se manten un contacto diario coas familias a través de tutorías con flexibilidade de horarios e a través da aplicación personalizada do centro.

A liña educativa do Colexio San Fermín parte de que o obxectivo xeral do Centro é formar integralmente ao alumnos/as, dando tanta importancia ao estrictamente académico como aos valores humanos necesarios para unha convivencia harmónica nunha sociedade democrática e multicultural. Para acadar estes obxectivos, consideramos importante tanto a implicación en proxectos escolares como na aplicación das novas tecnoloxías da información no proceso de aprendizaxe.


O centro conta cun equipo de mestres especialistas en educación infantil e primaria, incluí­dos profesores de apoio, pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe que resultan fundamentais para tratar a diversidade do alumnado. A plantilla de profesorado é a mesma ano tras ano, o que axuda a ensinanza individualizada da que falábamos antes.

Equipamento e instalacións

O centro dispón das seguintes aulas:

- Seis aulas de E. Primaria, todas elas equipadas con pizarra dixital e gran cantidade de material de aula e biblioteca.

- Catro aulas de E. Infantil, unha destinada a realizar xogos didácticos e actividades motrices, equipadas cunha pizarra dixital e gran cantidade de materiais e xogos didácticos.

- Comedor escolar, servizo a disposición das familias.

- Aula de manualidades, equipada con material artístico e onde se realizan varias das actividades extraescolares que ofrece o colexio.

- Aula de usos múltiples, amplia e con suficiente espazo para poder realizar actividades motrices, grupais, charlas, etc.

- Aula de PT, onde o alumnado que o precise traballará cunha profesora especializada.

- Biblioteca, espazo no que o alumnado pode relaxarse e ler libros, xogar a xogos de mesa nos recreos de chuvia. Ademáis, esta aula se utiliza para realizar actividades de todo tipo, xa que conta con 20 ordenadores portátiles, 7 tablets, 3 robots e unha pizarra dixital.

- Aula de música, destinada a realizar actividades relativas á música. Conta con material especializado para poder realizar ditas actividades.

- Patio exterior, diferenciado entre primaria e infantil.

Amosar
Actividades
Extraescolares

Existe unha amplia oferta de actividades extraescolares que pode cursar todo o alumnado do centro. Estas teñen lugar entre ás 15:30 e as 17:30. Alí, aprenden de forma lúdica diferentes tipos de deportes ou actividades, con profesores ben cualificados e en grupos reducidos. As actividades que se imparten son as seguintes:


Taekwondo
Fútbol-sala
Obradoiro de contos e teatro
Zumba
Manualidades
Robótica e programación
Patinaxe

Obradoiro de pintura

Multideporte

Diversos obradoiros: cociña, contos,música...

Amosar
Oferta educativa
Regulada
SEGUNDO CICLO DE EDUCACION INFANTIL E EDUCACION PRIMARIA
Amosar
Outra información de interese

Psicopegadoga escolar, a plena disposición das familias.

Centro integrado no PLAMBE dende o ano 2017. Programas de Radio escolar, Clubes de lectura e Lectura e Familias.

Centro integrado no PROA+ dende o ano 2022.

Centro no programa PROXECTA+ de vida activa e deportiva.

Colabora con programas de axuda doutras institucións: concello, educo, ProInfancia Abertal...

Amosar
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 272 195
  • Fax: 986 272 195
  • Email: cpr.sanfermin.vigo@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Travesi­a de Vigo, 96. 36206 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 8.45 a 12:30 horas
  • Clases: Xornada continuada de mañá. Comedor de 14 a 15:30 horas Actividades extraescolares de 15:30 a 17:30 horas
Servizo de comedor

Este centro conta co servicio de comedor escolar servido polo cátering Calidus. Os menús, aprobados por nutricionistas, preséntanse nun calendario mensual que se pode consultar tanto nas instalacións do centro como na web e as redes sociais. O horario de comedor é de 14:00 ás 15:30. 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org