O Colexio Montesol é un centro concertado plurilingüe de Educación Infantil, Primaria e Secundaria que desenvolve o seu labor educativo en Coia dende o ano 1982.
Para favorecer a conciliación familiar, o colexio pon ao dispor das familias diversos servizos e actividades complementarias, como comedor con cociña propia, aula matinal desde as 07:30 e un programa de actividades extraescolares polas tardes.
Os idiomas constitúen un piar fundamental da vida escolar contando con auxiliar de conversa en inglés, sendo centro colaborador de Cambridge Examinations for Schools e participando activamente en programas europeos como eTwinning ou Erasmus+.
En Infantil, combínanse metodoloxías pedagóxicas adaptadas ás características e necesidades de cada alumno: Estimulación Temperá, Aprendizaxe Cooperativa, Gamificación ou Traballo por Proxectos, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado e ao interés por aprender.
Trátase dun centro próximo e familiar, onde o Departamento de Orientación é clave, prestando especial coidado e atención ao alumnado con necesidades educativas especiais e mantendo unha comunicación fluida coas familias.
Ademais, fomentase a Educación en Valores. O seu alumnado implícase activamente, colaborando co Banco de Alimentos e participando en diversas campañas solidarias.
Participamos en diversos programas educativos, como o programa Voz Natura co horto escolar como especial protagonista e ao que poden acudir os avós e avoas que o desexen a traballar xunto co noso alumnado. O Programa Meteoescolas onde o alumnado recolle datos na súa estación meteorolóxica e o programa Salvavidas de doazón de órganos.
O Proxecto Educativo evoluciona co crecemento do alumnado, integrando un ambicioso e equilibrado proxecto de dixitalización a partir de 5º de primaria e ata 4º ESO coas "Aulas RTC" (Reinvent the Classroom). Este esforzo foi recoñecido coa certificación "Google Reference School", único centro en Galicia con esta distinción.
As aulas están equipadas con tecnoloxía como lentes de realidade virtual, impresión 3D, pantalla croma e robótica combinando a educación dixital con métodos innovadores co desenvolvemento de competencias fundamentais como a lectura e a escritura.
Con ESEMTIA, a súa plataforma de comunicación e xestión, o centro mantén unha comunicación dinámica coas familias informando de novidades, circulares, menú do comedor, cualificacións, galerías de fotos…
A participación das familias está moi presente na vida escolar a través da súa ANPA, desenvolvendo e colaborando con múltiples actividades como a “Escola de familias”, que o centro promove.
En definitiva, trátase dun Centro que mantén unha relación constante coa súa contorna, brindando aos estudantes a oportunidade de convivir e participar nunha ampla variedade de actividades dinámicas, integradoras e innovadoras.
Aulas:
Todas as aulas dispoñen de conectividade Wi-Fi e dispositivos como pizarras dixitais, proxectores, pantallas interactivas, etc.
Instalacións deportivas:
Salón de actos.
Salas de usos múltiples.
Zona de xogos para E. Infantil.
Cafetería.
Patios cubertos.
Horto escolar.
Xardíns.
Polas tardes, o colexio ofrece a todo o seu alumnado actividades extraescolares tanto de tipo artístico como cultural:
Actividades deportivas:
Desenvolve xunto co centro a "Escola de familias", ademáis de moitas actividades.
Centro Plurilingüe: Participamos no programa de Plurilingüismo no ensino. Temos auxiliar de conversación e desenrolamos Proxectos Europeos de Internacionalización.
Aulas RTC: Dixitalización do ensino (Workspace a partir de 3º de primaria e dispositivos Chromebook a partir de 5º de primaria).
Aula Matinal: Dispoñemos de Aula Matinal para as familias que o precisen en horario de 7:30 ás 9:00 horas.
Gabinete Psicopedagóxico e Departamento de Orientación: O centro dispón de Gabinete Psicopedagóxico e aulas específicas de Apoio, Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, para atender ao alumnado de E.Infantil e E. Primaria. Así mesmo, conta con Departamento de Orientación para atender ao alumnado da ESO.
O Colexio Montesol está integrado na rede de centros do programa ABALAR para a incorporación das T.I.C. (Tecnologías da Información e da Comunicación) nas aulas dos centros escolares.
Boletín O Eixo: Publicación trimestral na que se recollen as actividades colexiais.
Convivencias, saídas extraescolares e viaxes de estudos: O centro conta cunha amplia oferta de actividades que abrangan tódalas etapas educativas.
Horto escolar: Integrado nas actividades de Voz Natura, é un espazo utilizado por todo o alumnado para realizar cultivos ecolóxicos.
O centro non dispón deste servizo.
O centro conta con cafetería e servizo propio de cociña.
Os menús elabóranse mensualmente baixo a supervisión de nutricionistas e están á disposición das familias tanto na páxina web coma no propio colexio.
Horario: de 14:00 a 15:15 / 15:30 horas.
vigo.org