O Colexio Plurilingüe ALBORADA desenvolve un proxecto educativo baseado nos principios cooperativos, froito de máis de trinta e cinco anos de traballo e investigación pedagóxica.
O noso obxectivo é facilitar un desenvolvemento integral no noso alumnado co fin de formar adultos responsables e capacitados de desenvolver unha función eficaz na sociedade e disfrutar dunha convivencia feliz no seu entorno.
A nosa ferramenta é a educación. Nesta tarefa contamos coa participación da comunidade educativa (pais e nais, mestres e alumnos), a través dos órganos representativos: Consello Escolar, ANPA..., así como das institucións do entorno (biblioteca, empresas, veciños,...). Traballamos unidos como unha "gran" familia, dende o máis pequeno ata o máis grande, cooperando uns con outros e disfrutando da aprendizaxe e da vida escolar.
Temos que destacar que, pola situación do Colexio, trátase dun entorno rural onde a protección do medio ambiente é unha meta común entre todos.
Alborada conta cunha superficie edificada de uns 3.000 m2 en dous módulos; o novo construído no ano 1990 e ampliado no 1996 e reformado no 2018.
Nun bloque están as tres aulas e os aseos do 2º ciclo de Ed. Infantil, unha sala de profesores, as dependencias de administración
e dirección, así como dúas salas de visitas para padres e aseos para o profesorado. Encóntranse tamén neste edificio o departamento de orientación, un aula de usos múltiples e a oficina da ANPA (as dúas últimas nun andar superior).
No edificio central de catro andares conta, no primeiro andar coas aulas de 1º, 2º 3º e 4º de Ed. Primaria, lavabos para nenos, profesores, laboratorio, sala de profesores e aseo de minusválidos.
No segundo andar encóntranse as aulas de 5º e 6º de Ed.Primaria e todos os cursos da ESO así como servizos para alumnos e profesores.
O terceiro andar conta coa biblioteca, o aula de Informática e un amplo almacén. Por debaixo do 1er andar atópanse o comedor e dous aseos, o aula de música, o taller de tecnoloxía, o aula de Educación Especial, o aula de Audición e Linguaxe e un aula de reforzo así como a rampla de minusválidos que comunica co patio cuberto onde se encontra o ximnasio, uns lavabos, a sala de monitores, os vestiarios e a sala de caldeiras.
O Colexio Plurilingüe Alborada está dotado con todas as medidas reglamentarias de ramplas, ascensor, aseos de minusválidos, etc. para facilitar o acceso a aqueles alumnos con déficits físicos. Fronte ao edificio principal está unha pista de futbito cunhas gradas, dúas canastas de baloncesto, un pequeno xardín e un parque infantil.
Todas as aulas teñen o mobiliario necesario para desempeñar a práctica docente, contan cunha pantalla e altofalantes. Tamén teñen cobertura wi-fi en todo o recinto así como varios proxectores, pizarras dixitais e ordenadores portátiles.
Todos os cursos ofertamos un grande abano de actividades variadas para os nosos alumnos e para adultos (pais, nais, veciños ou amigos do Colexio) desde as 15:15 h. ata as 17:30 h.
Este curso por mor da Covid saíron:
- Inglés con Schoolhause no centro.
- Proxectos de investagación no Laboratorio.
Desde o ANPA organizan, en colaboración cos mestres, un milleiro de actividades que complementan o currículo escolar: festas, saídas culturais, excursións, concursos, conmemoracións, concertos, charlas para pais e nais, alumnos e mestres,...
Servicio de librería: reserva de libros de texto e xestión do programa "Gratuidade de Libros" da Xunta de Galicia.
Servicio de uniformes.
Durante todos os días do curso dispoñemos dun servizo de comedor cun menú adaptado a todas as necesidades do alumnado: dietas, intolerancias,... que varíase mensualmente e revísase pola nutricionista.
As comidas son de elaboración propia tentando eliminar os alimentos procesados. Podedes consultar o noso calendario actual na páxina web do colexio.
Os usuarios deste servizo poden dispoñer de diferentes modalidades: fixo / fixo discontinuo / esporádico.
A partires das 15:10 h. as familias poden recoller aos seus fillos ata as 16:00 h ou deixalos ás actividades extraescolares.
Os usuarios deste servizo contan ademáis dunha actividade de "Ludoteca" ata as 17:30 h.