O IES Valadares é un centro de ensino de titularidade pública dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. Entrou en funcionamento no mes de outubro do ano 1999, polo que é o instituto máis novo do concello de Vigo.
Se atopa a carón da Avenida Clara Campoamor e moi preto da VG-20, o que lle permite estar ben comunicada por estrada tanto co centro urbano de Vigo como coa autoestrada AP-9 e a autovía A-52, permitindo un acceso rápido e fluído. Ademais, dispón preto dunha liña de transporte urbano, a U1"Pza. América - Universidade".
O IES Valadares ten como finalidade fundamental formar e transmitir ás alumnas e alumnos os elementos básicos da nosa cultura e preparalos para acceder ao Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio, etc.
Atópase na entidade de poboación de Sobreira, na parroquia de Valadares do Concello de Vigo. Foi construído en terreos cedidos polo Comunidade de Montes de Valladares, nunha ampla parcela de arredor de 10.000 m2.
A súa zona de influencia esténdese dunha forma ampla ás parroquias de Castrelos, Matamá, Valadares e Zamáns. Ten, polo tanto, asignada unha zona moi extensa e dispersa, que mantén como característica común pertencer á área xeográfica do extrarradio de Vigo.
Superficie de 16.000 m2
Aparcadoiro interior para vehículos.
Aparcadoiro exterior para o servizo de transporte escolar.
Ximnasio e dúas pistas polideportivas ao aire libre.
Biblioteca dotada con equipos informáticos con conexión á Internet e servizo de préstamo.
2 aulas dotadas con equipos informáticos individuais conectados en rede e á Internet.
Aula de medios audiovisuais.
2 aulas de música.
2 aulas-taller de tecnoloxía.
2 aulas de debuxo e plástica.
Aula de Apoio.
Departamento de Orientación.
Laboratorios de Física e Química, e de Bioloxía e Xeoloxía.
Aulas dotadas de equipo informático individual, conexión á Internet e canón de vídeo.
Cafetería con servizo no horario lectivo.
Patio cuberto (300 m2), patio (800 m2) e xardín.
Servizo de transporte escolar: oito liñas de transporte.
Parada do autobús urbano Vitrasa: liña U1
Seccións Bilingües, cinco, nas materias e niveis seguintes: Educación Plástica e Visual, 1º e 3º ESO; Matemáticas, 3º e 4º ESO, e Bioloxía e Xeoloxía, 4º ESO.
Dispón dun Auxiliar de Conversa en Lingua Inglesa a tempo completo.
O IES Valadares participa no Proxecto ABALAR no presente curso; polo que, dispón nas aulas de 1º ESO de miniordenadores portátiles para cada alumno con conexión wifi á Internet e Pizarra Dixital Interactiva.