O IES de Teis comezou no curso 1985/86 como centro de Formación Profesional, mais dende a década dos anos 90 brinda unha completa oferta educativa en réxime ordinario e para persoas adultas.
· Biblioteca con servizo de préstamo.
· 3 laboratorios de física, química e bioloxía e xeoloxía.
· 2 talleres de tecnoloxía.
· 11 aulas-taller de informática con 350 equipos.
· 4 aulas-taller de estética.
· 3 aulas-taller de perruquería.
· Salón de actos con capacidade para 200 persoas.
· Aulas por materia con dotación específica.
· Cafetería que oferta comidas entre ás 14:00 e ás 16:00.
· Aulas de pedagoxía terapéutica.
· Patio cuberto e pechado de 250 m2
· 2 pistas polideportivas (unha delas cuberta) e utilización do Pavillón Municipal de Teis.
· Aulas de música e audiovisuais.
· 2 aulas con equipamento informático para ESO e os Bacharelatos.
· Centro ABALAR/EDIXGAL (Introdución das TIC no ensino en 1º e 2º da ESO ) da Consellería de Educación.
Escolas deportivas de voleibol e badmintón abertas á alumnado doutros centros.
Participa no Programa Internacional
Erasmus+ que permite facer as prácticas do alumnado de formación profesional no estranxeiro.
Sección bilingüe inglés no CS de Estética Integral e Benestar..
Programas CUALE de inglés para o alumnado de formación profesional, ESO e bacharelatos.
Programa de mediación escolar Aprender a Convivir.
Convoca Xornada de Portas abertas no mes de febreiro para coñecer o centro.
Edición da Revista Perfil.
Ruta de transporte escolar: Colexio San Fermín, Travesía de Vigo, Bos Aires, Instituto.
A cafetería do centro está aberta dende ás 08:10 ata ás 21: 00. Serve comidas entre ás 14:00 ata ás 16:00.