O IES Ricardo Mella basea o seu proxecto educativo no fortalecemento dos hábitos de convivencia democrática, baseados na participación, a tolerancia, a non discriminación, a solidariedade e a paz.
Trabállanse tamén aspectos relacionados coa educación para a saúde, a protección do ambiente e a educación en valores
Equipamento e instalacións
-Superficie de 17.950 m2
-Biblioteca con 14.000 volumes e ordenadores con conexión a Internet (con servizo de préstamo).
-Salón de actos con 170 prazas.
-Cafetaría de 160 m2
-Laboratorios de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Tecnoloxía e Idiomas.
-Ximnasio, pista polideportiva cuberta e ao aire libre.
-Aulas e talleres adaptados a cada un dos ciclos, ampliamente dotadas de ordenadores e proxectores de video.
-Conexió Wifi, de acceso libre para o alumnado, na biblioteca, cafetaría e pavillón central do Instituto.
-Emisora escolar "Onda Xove Radio Meixoeiro FM 104.5"(dende o ano 1987). Emisión por internet.
O centro ten contacto con prestixiosas empresas da cidade de Vigo, para que o noso alumnado de formación profesional, curse nelas o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT).
Conta con 5 liñas, destinadas principalmente para o alumnado da ESO e FPBásica:
Liña1: Praza América.-Gran Vía-Praza España-Martinez Garrido-Avda Lavadores-Estrada Vella Madrid-IES Ricardo Mella
Liña2: Urzaiz (Praza Fernando Católico)-Travesía Vigo-Aragón-Jenaro Fuente-Ramón Nieto-Camiño Meixoeiro-IES Ricardo Mella
Liña3: Cabral-Rua Figueiras-Autovia Vigo-Porriño- IES Ricardo Mella
Liña4: Avda Aeroporto-Rúa Aragón-Avda. Ramón Nieto-Estrada Vella Madrid-IES Ricardo Mella
Liña5:Bembrive-Avda Madrid-Camiño Mouteira-Rúa Recaré-IES Ricardo Mella