Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosIES Castelao

IES Castelao - centro público

Adscrito ao centro: C.E.I.P. Pombal e C.E.I.P. A Doblada

O IES Castelao é un centro público de Ensino Secundario Obrigatorio e Bacharelato dependente da Xunta de Galicia, cunha capacidade para uns 800 alumnos/as de idades comprendidas entre os 12 anos (1° E.S.O.) e os 17-18 anos (2° de bacharelato).

Está situado no barrio de O Calvario. É un barrio en expansión e con gran crecemento.

É un centro de eldade, solidariedade, tolerancia e pluralidade. Promoverá a participación na xestión e na vida do centro de todos os sectores implicados nesta.
Equipamento e instalacións
Conta cunha superficie construída de 4.042m2, distribuídas en tres andares onde se atopan as aulas, os departamentos e os laboratorios. Ten un salón de actos con capacidade para 175 alumnos/as.
Entre as aulas específicas destacan: Aula de audiovisuais, Laboratorio de idiomas, Aula de informática, Aula de Debuxo, Aula de Música, Aula de Tecnoloxía. A Biblioteca conta con máis de 10.000 volumes.
Conta cun pavillón de deportes cuberto e unha pista deportiva exterior cuberta.
Amosar
Oferta educativa
Regulada
Niveis académicos
Imparte, en réxime ordinario, a Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.) e dúas modalidades de bacharelato -o de Ciencias e Tecnoloxía, e o de Humanidades e Ciencias Sociais-.
Ofrece, tamén, a ensinanza en réxime de adultos tanto en Bacharelato -na modalidade de Ciencias e Tecnoloxía e na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais -, como na E.S.A. (nivel III e IV de Educación Secundaria Obrigatoria).
Entre as medidas de atención á diversidade ofrecemos un Programa de Diversificación Curricular (P.D.C.) de dous anos, Agrupamentos Específicos en 1º e 2º de ESO e apios en diversas materias.
Amosar
Outra información de interese
Ao longo do curso realízanse un gran número de actividades desenvolvidas pólos diferentes Departamentos didácticos e coordinados pola Vicedirección. Entre todas elas pódense destacar as actividades do programa "Vigo por dentro", as do Equipo de Normalización Lingüística e da Biblioteca (elaboración da Revista do Centro, Corre Lingua, Festa dos maios, etc)., as visitas a casa das Ciencias de A Coruña, a cidade de Santiago....
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo ESO (12-14 anos)
  • 2º Ciclo ESO (14-16 anos)
  • Bacharelato (16-18 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 274 050
  • Fax: 986 274 779
  • Email: ies.castelao@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Aragón 20-22. 36206 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:00-14:45 horas
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org