No IES Carlos Casares pretendemos darlle ao noso alumnado unha formación sólida adaptada ás súas necesidades e circunstancias persoais. Para nós é fundamental que obteñan a titulación que lles permita acceder aos estudos que desexen ou ao mundo laboral, por iso coidamos moito tanto o nivel de desenvolvemento das competencias, que buscan o “saber facer”, como o que ten que ver coa atención á diversidade.
O desenvolvemento das competencias require de cambios metodolóxicos que comportan unha aprendizaxe máis activa: traballo por proxectos, aprendizaxe colaborativa... sendo a posta ao día das nosas metodoloxías unha das características propias do IES Carlos Casares.
A preocupación pola competencia lingüística fai que nos nosos proxectos utilicemos todas as linguas curriculares e demos moita importancia á Sección bilingüe que temos en 3º e 4º de ESO e a tarefa que fai o equipo da Biblioteca escolar.
Apreciamos a importancia das redes sociais para a comunicación e por iso as utilizamos cada vez mais, pero coidamos especialmente o trato directo e personalizado co alumnado e as súas familias.
Equipamento e instalacións
o Laboratorios de Física, Química, Bioloxía e Xeoloxía.
o Tres aulas de Informática con 20 terminais cada unha.
o Aulas de Música e Plástica.
o Talleres de Tecnoloxía, Electrotecnia e Robótica.
o Biblioteca incluída no Plan de Mellora de Bibliotecas.
o Ximnasio.
o 2 pistas polideportivas.
o Salón de actos con capacidade para 300 persoas.
o Aula multiespazo adaptada para a realización de actividades audiovisuais.