Toda a información actualizada en:
www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade/
O IES Beade foi creado en 1988 para dar servizo de Ensino Medio as parroquias do sur do Concello de Vigo : Castrelos, Beade, Matamá, Zamáns, Valadares e Sárdoma.
O centro desenvolve un Proxecto Educativo que ten como fin a formación integral e harmónica do alumnado no que primen os valores democráticos e de convivencia.
O IES de Beade ofrece un ensino que ten como obxectivos xerais:
Para o desenvolvemento deste obxectivos o centro trata de dar participación activa ao alumnado mediante a posta en práctica dos diferentes plans do PEC. Tratase do noso proxecto educativo do centro, e se pode consultar na propia páxina web do centro ou directamente no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade/?q=node/575#attachments
Este ano contamos co Club de Ciencias, e tamén dun obradoiro de Cerámica
Club de Lectura orientado a dinamizar foros literarios.
Club de Ciencias para promover a experimentación e a curiosidade científica.
E contamos con seccións bilingües en inglés nos que o alumnado pode reforzar e mellorar os seus coñecementos nese idioma.
FESTAS E CONMEMORACIÓNS
Celebramos xuntos distintas datas, como o día da paz, o día contra a violencia de xénero, o día da muller, o día das letras galegas, o día dos dereitos humanos... En todos estes actos o lumnado participa activamente, sendo o protagonista dos mesmos.
Tamén, coa colaboración da ANPA, celebramos as nosas festas populares, como o magosto e o entroido.
WEB E APP
O centro dispón dun sitio web (http://www.edu.xunta.gal/centros/iesbeade)
e dunha APP (para dispositivos Android, descargable no GooglePlay sen máis que buscar “IES de Beade”), que son actualizadas constantemente e nas que se comunican as novidades e eventos (ademais de polos medios tradicionais). Ademais, na web publícanse as actividades dos diferentes clubs e conta cunha galería de fotos e videos das viaxes e actividades.
7 liñas de transporte
Sen comedor
vigo.org