Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosIES Álvaro Cunqueiro

IES Álvaro Cunqueiro - centro público

  • Defensa dos valores de tolerancia, respecto, convivencia, traballo e amor ao estudo
  • Atención á diversidade contando con agrupamentos específicos en 1º e 2º da ESO, reforzos nas materias instrumentais en 1º e 2º da ESO, PDC en 3º e 4º da ESO, desdobres de Inglés en toda a ESO, desdobre de Tecnoloxía e Dixitalización e Xeografía e Historia en 1º da ESO. Desdobres de laboratorio de Bioloxía e Xeoloxía en 1º da ESO e de Física e Química en 2º da ESO.
  • Programa PROA+ en 3º e 4º da ESO
  • Centro acreditado Erasmus +
  • Sección bilingüe con reforzo de auxiliar de conversa
  • Dinamización lingüística
  • Departamento de orientación con apoio dunha persoa PT (Pedagoxía Terapéutica) para 1º e 2º da ESO.
  • Coordinadora de Benestar e Convivencia
  • Plan anual de recuperación de materias pendentes de cursos anteriores.
  • Seguimento do alumnado na súa asistencia, puntualidade e estudo. Información ás familias a través de ABALAR.
  • Contacto cos centros adscritos: reunións anuais cos colexios e visita do alumnado de primaria ao centro .
  • Reunións ao comezo do curso coas familias do noso alumnado para dar a coñecer a organización e funcionamento do centro e presentación dos/as titores/as.
  • Plan Proxecta: Proxectos de vida activa e deportiva e Parlamento Xove
  • Contratos programa: IGUÁLA-T, INCLÚE-T, EMOCIÓNA-T

Podedes atopar máis información do noso centro no seguinte enlace

Equipamento e instalacións
  • Xardín de 4000m2
  • Patio interior cuberto con xogos: futbolín, mesa de ping-pong
  • Unha pista polideportiva cuberta e dúas pistas de deporte exteriores
  • Biblioteca integrada no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
  • Dúas aulas de informática
  • Aula de Plástica, de Música, de Tecnoloxía e de Polos Creativos
  • Aulas de desdobres
  • Laboratorios de Física, Química e Ciencias Naturais
  • Salón de actos con capacidade para 150 persoas
  • Sala de Xuntas
  • Radio Escolar
  • Cafetería integrada no proxecto de centro
  • Taquillas para o alumnado en réxime de arrendamento anual
  • Encerados dixitais nas aulas da ESO e  BAC
  • Local para reunión da ANPA
  • Aula de convivencia
Amosar
Actividades
Extraescolares
  • Club de Ciencias Escola de Menciñeiros: reúnese os luns de 14.30h  a 16.00h no instituto
  • Equipo de Igualdade e Diversidade Morgana: reúnese os luns de 14.30h  a 16.00h no centro
  • Club de Lectura Merlín: reúnese un luns ao mes de 14.30h  a 16.00h para lecturas de literatura galega e tamén de manga
  • Club de Cine e Debate: reúnese algúns luns de 14.30h  a 16.00h
  • Coro Sochantre: reúnese os luns de 14.30h  a 16.00h
  • Viaxe de fin de curso organizada polo Departamento de Educación Física ao Ebro para o alumnado de 4º da ESO
  • Viaxe de estudos a París do alumnado de Francés e Historia de Arte de 2º de BAC
  • Plan Proxecta: Parlamento Xove
  • Intercambio de alumnado estranxeiro co programa ERASMUS +
Amosar
Oferta educativa
Regulada

ESO

BACHARELATO: Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais.

Idiomas: Inglés, Francés e Portugués.

Optativas en 3º da ESO: Cultura Clásica, Francés, Portugués, Educación Dixital, Oratoria

Optativas en 4º da ESO: Música, Tecnoloxía, Dixitalización, Expresión Artística, Francés, Filosofía e Formación e orientación persoal e profesional

Optativas en 1º de BAC: Conversa en inglés, Conversa en galego, Anatomía aplicada, Antropoloxía, Cultura Científica, Debuxo Artístico, Francés I, Linguaxe e práctica musical, Literatura galega do s.XX e a actualidade, Tecnoloxías da Información e da Comunicación, Tecnoloxía e enxeñería

Optativas de 2º de BAC: Conversa en inglés, Conversa en galego, Métodos estatísticos e numéricos, Psicoloxía, Francés, Historia da música e da danza, TIC II, Patrimonio e sociedade de Galicia e Debuxo artístico Conversa en galego, Conversa en galego, Cultura clásica, TIC, Antropoloxía, Literatura universal, Ética e Filosofía do Dereito, Métodos estatísticos e numéricos, Debuxo Artístico

Amosar
Outra información de interese
  • Celebración de festas tradicionais: Magosto e Entroido
  • Celebracións culturais: Día das Letras Galegas, Día de Rosalía, Día do Libro, aniversario de Álvaro Cunqueiro
  • Outras celebracións: Día Internacional contra a violencia de xénero (25n), 8M, Semana da Ciencia, Mostra viva de instrumentos musicais, festival de danza, regueifas...
  • Recreos deportivos
  • Recreos TIC
  • Recreos lúdicos: xadrez, xogos de mesa...
  • Recreos musicais
Amosar
Galerías fotográficas

IES ALVARO CUNQUEIRO

O NOSO CENTRO

< Galería 1Galería 2 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo ESO (12-14 anos)
  • 2º Ciclo ESO (14-16 anos)
  • Bacharelato (16-18 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 111 181
  • Fax: 886 111 192
  • Email: ies.alvaro.cunqueiro@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Enderezo Rúa O Porriño s/n. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:00 a 14:00 horas
  • Clases: Luns: 8.30h a 14.10h e de 16.30h a 18.10h

    Martes a Venres: 8.30h a 14.10h

Servizo de transporte

Tres liñas de transporte

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org