Contamos con PEC aprobado polo Consello Escolar. O IES Alexandre Bóveda maniféstase laico, plural, democrático, galego e busca a integración co noso contorno. O noso centro concibe a educación como unha formación da persoa rexida polos principios de coeducación, integración, dereito á diferenciación, educación compensatoria e fomento do espírito crítico, actitudes e valores.
Propugnamos unha xestión democrática e participativa. Comprometémonos a potenciar a nosa lingua e cultura a través da interdisciplinariedade.
O noso centro está adaptado para o alumnado con discapacidades motoras, tamén dispón de Departamento de Orientación e Equipo de Normalización Lingüística con publicación anual dunha revista.
Actividades complementarias e extraescolares:
- Viaxes culturais a distintas partes de Vigo, Galicia e España. Unha viaxe cultural anual as capitais máis importantes de Europa.
- Actividades deportivas: balonmán, taekwondo, voleibol, fútbol.
· Superficie de 10.000 m2.
· Ximnasios e pista polideportiva.
· Biblioteca acollida ao Plan de Mellora de Bibliotecas de Galicia, acadou un 3º premio nacional ás boas prácticas en bibliotecas escolares no ano 2011.
· Aulas de vídeo, idiomas, música, tecnoloxía, debuxo, informática e plástica.
· Aulas de audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica e de grupos flexibles.
· 3 aulas de informática conectadas a Internet.
· Laboratorios de física e química e bioloxía.
· Salón de actos con capacidade para 200 persoas.
· Cafetaría.
· Patio cuberto e ao aire libre e xardíns.
Actividades complementarias e extraescolares:
- Viaxes culturais a distintas partes de Vigo, Galicia e España. Unha viaxe cultural anual as capitais máis importantes de Europa.
- Actividades deportivas: balonmán, taekwondo, voleibol, fútbol.
- Celebración de festas tradicionais como o magosto e o antroido.
-Viaxe anual ás Illas Cíes
· Hai formado un Club de Lectura de alumnado e profesorado. Blog do club de lectura http://leraboveda.blogspot.com.es/
- Blog da biblioteca : http://biblioboveda.blogspot.com.es/
· O centro conta con NOFC.
· Hai servizo de transporte escolar (Balaídos, Florida e Praza de América).
. Contamos con seccións bilingües en inglés na materia de plástica, 3º e 4º da ESO, e matemáticas, 2º e 3º de ESO.
- Participamos en diversos concursos matemáticos: Olimpiadas, rallye matemático, canguro matemático...
Actualmente contamos con 5 liñas de autobuses con paradas en Praza de Ameríca, Avda. da Florida, e Balaidos (fronte ao estadio).