A «E.I.M. Santa Marta» forma parte da Rede Municipal de Escolas Infantís do Concello de Vigo.
Contamos con tres unidades para nen@s de 3 meses ata 3 anos, agrupados por idades e por quendas:
- Aula 1: 8 nen@s.
- Aula 2: 13 nen@s.
- Aula 3: 15 nen@s.
As actividades lectivas desenvólvense dende setembro ata xullo, de luns a venres, en horario de 7:30 a 20:00 horas, dividido en dúas quendas (a de Mañá de 07:30 a 15:30, e a de Tarde de 16:00 a 20:00 horas). O mes de agosto a Escola permanecerá pechada por mantemento das instalacións e por vacacións do poersoal e do alumnado
O Equipo Profesional está formado por persoal debidamente preparado e cualificado para o desempeño das súas funcións. Todo o persoal da Escola queremos que @s nen@s medren nun marco educativo de calidade; creando, dende o respecto, un ambiente de benestar, confianza e seguridade, contribuíndo así ó seu desenvolvemento integral.
A nosa Escola axudará a que @s nen@s desenvolvan ó máximo as súas capacidades, establezan as súas primeiras relacións sociais e acaden hábitos de autonomía, descubrindo así o mundo que os rodea, e aprendendo a expresarse.
As linguas faladas no centro son o galego e o castelán ó 50% consonte o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, prestando unha especial á aprendizaxe do idioma galego, mediante metodoloxías que faciliten a súa inmersión lingüística. Nas aulas trabállanse os dous idiomas oficiais e introdúcese o inglés como terceira lingua no aula de 3º. Tamén se integra a Lingua de Signos na rutina diaria da escola.
Nesta Escola tamén ofrecemos ás familias usuarias reunións periódicas coas educadoras, participación e colaboración en distintas actividades, unha "Escola de Familias" organizada polo Equipo de Orientación e Atención Temperá e "Obradoiros de familias" desenvolvidas por persoal cualificado un día ó mes.
- 3 Aulas.
- Comedor / Aula de usos múltiples.
- Cociña propia.
- Patio con Zona de Xogos.
- Espazo reservado para deixar os carriños de paseo.
- Programa "Escola de Familias":
O «Equipo de Atención Temperá» prepara diferentes charlas con diversos temas sobre esta primeira etapa educativa.
- Obradoiros e Xogos en Familia:
Un venres ou sábado ó mes orgánizase un Obradoiro na Escola para as Familias.
- Saídas:
@s nen@s da Aula 3 contan, ó longo do curso, cunha serie de saídas ó seu entorno máis próximo.
- Reunións Trimestrais:
Unha vez por trimestre, organízanse Reunións coas Familias de cada Grupo.
A.N.P.A. “O TRANVÍA”:
A Asociación de Nais e Pais da Escola colabora de forma directa nas festas e nas actividades organizadas pola Escola.
- Equipo de Atención Temperá:
Traballamos cun Gabinete PsicoPedagóxico especializado na prevención de trastornos de desenvolvemento infantil, que asesora ó Equipo Educativo, e avalía ó alumnado co obxecto de previr e adiantarnos a posibles problemas, tanto presentes coma futuros.
- Servizo Nutricional:
O Servizo Nutricional de Galicia (SERNUGA) é o encargado de elaborar os menús da Escola e adaptalos ás características d@s nen@s. Tódalas comidas son elaboradas na propia Escola.
- Carpeta de Pais-Nais: