Os trazos de identidade da nosa escola vincúlannos ao resto das escolas da rede da Galiña Azul formando un proxecto en común. Un dos nosos obxectivos é procurar que todas as nenas/nenos sexan educadas e atendidas en contextos de calidade onde se teñan en conta as súas necesidades e ritmos de aprendizaxe. A participación como forma básica de funcionamento, onde a colaboración coas familias (comunicacións diarias, participación activa dentro da actividade diaria da aula, xuntanzas e titorías, consello de participación,...) parte da confianza, o respecto e a capacitación mútua.
A parella educativa, como forma de organización, onde dúas persoas comparten as mesmas responsabilidades coas nenas/nenos facendo así unha atención máis individualizada.
Na proposta metodolóxica apostamos pola creación de espazos e ambientes cálidos e funcionais, provocadores de procesos educativos. Resaltamos a importancia das actividades cotiás (comedor, hixiene, rutinas,...) como facilitadora dos primeiros coñeceemntos e consolidación progresiva da autonomía das nenas/nenos.
Agrupamento do alumnado: 1 aula para crianzas de 0-1 anos: (7 bebés). 1 aula para crianzas de 1-2 anos: (12 nenas/os). 1 aula para crianzas de 2-3 anos: (19 nenas/os). Persoal cualificado: 5 educadoras, 2 mestras de Educación Infantil, 1 PSX (persoal de servizos xerais), persoal de cociña.
Horario: de 7,30 a 21,30 horas (en caso de existir demanda); de luns a venres. Aberto todo o ano agás festivos nacionais e locais.
Equipamento e instalacións
3 aulas, unha por cada grupo de idade. 1 sala de usos múltiples. 1 cociña. 1 espazo para deixar os carriños. 2 aseos. 1 sala de xuntas. 1 despacho de dirección.
Amosar