Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEI Cidade da Xustiza

EI Cidade da Xustiza - centro público

A Escola Infantil Cidade da Xustiza de 0-3 anos da Axencia Galega de Servizos Sociais, está destinada os/as fillos/as do persoal ó servizo do sector público autonómico.

O horario no que se desenvolve o servizo é de 7:30 a 15:30 horas, de luns a venres, dende o mes de setembro ata o 31 de xullo. 

O equipo educativo está formado por persoal debidamente cualificado que traballa conxuntamente para que os nenos e nenas crezcan nun ambiente de benestar, seguridade e confianza.

A metodoloxía é activa e participativa, e está baseada na experimentación e manipulación. Os nenos e as nenas aprenden facendo, tocando, investigando e descubrindo o mundo que os rodea a través dos sentidos.

Fomentamos a autonomía dende as primeiras etapas, ofrecendo oportunidades para que os nenos e as nenas participen activamente na súa propia aprendizaxe animandoos a explorar por si mesmos e adquirir habilidades que lles permitan desenvolverse con seguridade no seu día a día, prestando especial atención á diversidade, facilitando a integración e respetando as diferenzas e os ritmos de cada neno e nena.

Consideramos imprescindible o traballo conxunto coas familias, entendendo que a educación é unha tarefa compartida. Creamos vínculos de confianza involucrando ás familas no proceso educativo permitíndolles participar no proceso educativo, a través das actividades levadas a cabo na escola ou dende a casa.

As linguas que se falan no centro son principalmente o galego e o castelan ao 50%, conforme o Decreto 150/2022, do 8 de setembro. Aínda que, como terceira lingua tamén se introduce nas aulas o inglés. 

Equipamento e instalacións

A escola ten tódalas instalacións nunha soa planta, cun amplo corredor e cunha luminosidade natural. Contando coas seguintes:

  • Unha aula de 0-1 (8 nenos/as)
  • Unha aula de 1-2 (13 nenos/as)
  • Unha aula de 2-3 (20 nenos/as),
  • Unha sala de usos múltiples
  • Unha sala de lactancia
  • Un patio exterior
Amosar
Outra información de interese

Pódese solicitar praza para a Escola de maneira telemática ata o 7 de abril do 2026, a través do código de procedemento BS402B, na sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o formulario normalizado dispoñible. Admitiránse, con carácter excepcional, as solicitudes presentadas ata o 12 de marzo de 2027, con situacións coma por exemplo: nacemento, acollemento, cambio de municipio por cambio de destino da persoa do servizo do sector público autónomico solicitante ou outras circunstancias. Esta admision estará condicionada á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena.

 

Poderá atopar máis información na Resolución do 10 de marzo do 2026, pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantis da Axencia Galega de Servizos Sociais para fillos e fillas do persoal ó servizo público autonómico para o vindeiro curso 2026/2027.

Amosar
Galerías fotográficas
< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886218799
  • Email: ei.cidadexustiza@gmail.com
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Padre Feijoo, 1, 36204
Horarios do centro
  • Clases: 7:30-15:30
Servizo de comedor

 A escola ofrece servizo de comedor a través de catering.

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org