Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEI Bouzas

EI Bouzas - centro público

A escola pertence á Xunta de Galicia. Está situada na parte alta do barrio de Bouzas, nun contorno natural. Conta con patio exterior ao que se accede dende cada unha das aulas e tamén unha zona cuberta para os días de chuvia. É de planta baixa. 

         Hai un contacto diario entre familias e titores xa que as familias entran ata o aula d@ nen@.  Realízanse reunións trimestrais por aula, habendo un intercambio de criterios educativos e unha transmisión de mutua información sobre actitudes e comportamentos. Realizamos actividade de aula diarias segundo a programación de aula. 

 

         Horario: de 8:00 a 17:00 h de luns a venres.

 

         Calendario: Do 4 de Setembro ao 31 de Xullo.

         O persoal do centro está composto por: 1 Directora, 1 mestra, 7 Texis (Tec. Especialistas en Xardín de Infancia), 1 Oficial 1º de Cociña, 1 axudante de Cociña e 4 camareiras-limpiadoras.

 

         Hay 6 grupos de nenos/as:

 

         - 1 grupo de 0-1 año (ratio 8 nenos),

         - 2 grupos de 1-2 años (ratio 13 nenos/as por aula)

         - 3 grupos de 2-3 años (ratio 20 nenos/as por aula).

 

         Celébranse as seguintes festas tradicionais e culturais: Magosto, Samaín, Nadal, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, Día da Paz, Entroido, Día Internacional da Muller, Día da Familia, Semana do libro, Semana da prensa, Festa dos Maios, Día das Letras Galegas, Semana do Medio Ambiente e Festa de final de curso. 

Equipamento e instalacións

Superficie total: 2.300 m2. Unha aula que conta con sala de gateo e de berces, aseos, cuarto de mochilas e cuarto de xoguetes, 5 aulas con bufardas, baños incorporados e acceso directo ao patio de 45 m2 cada unha. Patio descuberto e soportal cuberto, con diversos xogos, árbores e zona axardinada, con un total de 600 m2. Patio cuberto con bufarda. Horta escolar. Salón de actos múltiples de 160 m2. Utilízase para facer actividades de psicomotricidade, música, festas, durmir os nenos/as de 2-3 anos, etc. 

Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.

 Non existe ANPA.

Amosar
Galerías fotográficas

IMAXES DA ESCOLA

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 1º Ciclo educ. infantil (0-3 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 111131
  • Email: eibouzas@xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Pardaiña nº 2. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 9:30h-15h
  • Clases: 8 h - 17 h
Servizo de transporte

 Non existe transporte escolar.

Servizo de comedor

 Comedor e cociña propios, con menús elaborados por nutricionista.

Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org