Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEEI Zamáns

EEI Zamáns - centro público

Adscrito ao centro: CEIP Sobreira-Valadares

A escola conta cunha unidade de 2º ciclo de educación Infantil na que se escolarizan nenos/as de 3 a 6 anos.
 

Intentamos proporcionar unha educación personalizada que favorezca a integración,  o desenvolvemento persoal e a adquisición da autonomía.
 

O horario é de 9:00 a 14:00 h en xornada continuada. As clases impártense tanto en galego como en castelán.

 

Fanse algunhas saídas ao longo do curso: ao monte, aos muiños, á granxa, ao teatro, ao museo, etc...

 

Celébranse algunhas festas: Magosto, Samaín, Nadal, Entroido, e Fin de Curso.

 

Equipo docente:

1 especialista en educación infantil

1 especialista en inglés

1 especialista en audición e linguaxe

1 orientadora

1 mestra de relixión
 

Equipamento e instalacións

A escola está situada na planta baixa do edificio.

Ten dúas aulas: a aula principal (equipada con ordenadores, pizarra dixital e conexión a internet) e outra de usos múltiples (psicomotricidade, plástica, música, inglés e patio cuberto). As dúas teñen calefacción, luz natural e abundante material didáctico.

O patio é amplio e conta cunha areeira e diversos xogos infantís, zona axardinada e algunhas árbores.

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120195
  • Fax: 886120196
  • Email: eei.zamans@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Camiño Sueido nº 24 (Zamáns) 36310 Vigo
Horarios do centro
  • Clases: 9 a 14 horas
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org