Escola pública de Educación Infantil pertencente á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Galicia.
Impártese todo o 2º ciclo de Educación Infantil. Centro de Educ. Primaria adscrito: CEP Fleming.
Na actualidad conta con 10 unidades, ten especialistas de inglés, pedagoxía terapéutica, audición e lenguaje, relixión e orientación. Posúe patios exteriores e interiores, aula STEAM, aula de psicomotricidade, aula de usos múltiples, biblioteca e aula multisensorial. O profesorado é definitivo e especialista na etapa de infantil.
Conta co servizo complementario de comedor. A maiores, a ANPA xestiona a aula matinal (madrugadores), as actividades extraescolares así como os campamentos de Nadal e de verán.
É unha escola aberta a todo tipo de culturas, que potencia a convivencia en harmonía, promove o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, e establece relacións sociais e afectivas en toda a Comunidade Educativa.
A nosa escola conta con:
Patios exteriores e interiores.
Aula STEAM.
Biblioteca.
Aula de psicomotricidade.
Aula de Inglés.
Orientación. Aulas de PT (pedagoxía terapéutica), aulas de AL (audición e linguaxe) e aula multisensorial.
Consultar o blogue da ANPA cada ano para ter as actividades extraescolares actualizadas.
Horario de 14 h a 16 h.
149 plazas de comedor na actualidade.