Os trazos de identidade da nosa escola vincúlannos ao resto das escolas da rede da Galiña Azul formando un proxecto en común. Un dos nosos obxectivos é procurar que todas as nenas/nenos sexan educadas e atendidas en contextos de calidade onde se teñan en conta as súas necesidades e ritmos de aprendizaxe. A participación como forma básica de funcionamento, onde a colaboración coas familias (comunicacións diarias, participación activa dentro da actividade diaria da aula, xuntanzas e titorías,...) parte da confianza, o respecto e a capacitación mutua.
A parella educativa, como forma de organización, onde dúas persoas comparten as mesmas responsabilidades coas nenas/nenos facendo así unha atención máis individualizada.
Na proposta metodolóxica apostamos pola creación de espazos e ambientes cálidos e funcionais, provocadores de procesos educativos. Resaltamos a importancia das actividades cotiás (comedor, hixiene, rutinas,...) como facilitadora dos primeiros coñecementos e consolidación progresiva da autonomía das nenas/nenos.
Agrupamento do alumnado: 2 aulas para crianzas de 0-1 anos: (15 bebés). 2 aulas para crianzas de 1-2 anos: (25 nenas/os). 3 aulas para crianzas de 2-3 anos: (59 nenas/os). Persoal cualificado: 9 educadoras/es, 4 mestras de Educación Infantil, 2 PSX (persoal de servizos xerais), persoal de cociña.
Horario: de 7,30 a 18:00 horas: de luns a venres. Aberto todo o ano agás festivos nacionais e locais.
8 aulas: 2 de 0-1, 2 de 1-2 e 3 de 2-3 e 1 de uso diverso; 1 sala de usos múltiples, 1 comedor; 1 cociña; 2 aseos; 2 vestiarios; 1 sala de xuntas; 1 despacho de dirección; 1 almacén; 1 lavandería; 1 sala de caldeiras e 1 parking.
A ANPA organiza a festa de Nadal, Entroido e Fin de Curso. Colabora co centro a través de charlas divulgativas con diversos profesionais da infancia e promove varios talleres ao longo do curso.