Somos unha Escola de Educación Infantil pública, que escolariza a nenos e nenas de 3 a 6 anos. Temos como obxectivo fundamental o desenvolvemento integral do neno/a, levando a cabo unha labor docente baseada nos principios de tolerancia, solidaridade, respecto, integración, igualdade e paz. Adaptámonos ao ritmo de aprendizaxe de cada neno/a, tentando facer unha escola participativa e aberta de cara ao alumnado, profesorado, familia e institucións.
Contamos, ademais dos titores/as de aula, con profesorado especialista en Inglés, Audición e Linguaxe, profesorado de apoio e orientador.
O departamento de Orientación, formado por un Orientador e profesora de AL, que ademáis de atender individualmente aos nenos/as que presentan necesidades educativas de apoio educativo, realizan obradoiros de estimulación e desenvolvemento da linguaxe oral en todas as aulas, así como un seguimento continuado de todo o alumnado.
Fomentamos a lectura dende os primeiros anos de escolaridade, tanto no ámbito familiar como no escolar. Contamos con biblioteca escolar para nenos /as donde ademáis de ler, realízanse actividades variadas: contacontos, monicreques, conmemoracións, obradoiro.... Facemos partícipes a toda a comunidade educativa mediante os libros viaxeiros para familias relacionados coa educación infantil e con contos e actividades para os nenos/as onde as familias poden disfrutar da lectura cos seus fillos/as.
Todos os cursos desenvólvese un proxecto educativo que serve de centro de interés e do que partimos para desenvolver as actividades e contidos que permitan acadar as competencias establecidadas para esta etapa educativa. Este proxecto aplícase en todas as áreas e adáptase aos distintos niveis e capacidades dos nenos/as. Neste cursos estamos a traballar o desenvolvemento da intelixencia emocional e a técnica de mindfulness, baseada en métodos de relaxación, atención e concentración. E temos como obxectivo por en marcha para o próximo curso un de intelixencias múltiples.
Desde os 3 anos introdúcese a primeira lingua estranxeira, inglés, impartida por especialista, distribuída en varias sesións semanais e integrada en diferentes áreas curriculares.
O horario é de 9:00 a 14:00 con servizo de comedor escolar de 14:00 a 16:00 horas.
A EEI Rúa Hernán Cortés está adscrita ao CEIP Lope de Vega, pendente de posible modificacón co novo proxecto de zonificacón educativa que se está a debater, polo que os nenos/as da nosa escola teñen garantida a reserva de matrícula nese Centro Público para o ciclo de Primaria con transporte escolar.
Contamos con tres amplas aulas de Infantil, unha para cada nivel , aula de psicomotricidade e audición e linguaxe,aula de reforzos educativos, patio interior con xogos adecuados a estas idades, comedor e baños adaptados.
As aulas contan, ademáis do material educativo tradicional, con equipos informáticos con acceso a Internet en todas elas a disposición dos nenos, pizarras dixitais interactivas, donde o alumnado traballa diariamente utilizando as novas tecnoloxías.
A aula de psicomotricidade conta cun material específico para o desenvolvemento das capacidades psicomotoras, tan importantes nesta etapa.
Desenvolvemos varidadas actividades complementarias como saídas a centros culturais como: exposicións, teatro, contacontos..... e unha saída ao zoo de Vigo financiadas polo centro, sen coste algún para as familias..
Participamos tamén en horario lectivo en obradoiros de igualdade, obradoiros de cociña, coidado da saúde e primeiros auxilios, obradoiros sensoriais, obradoiros de consumo responsable, reciclado e coidado do medio ambiente.
Participamos en proxectos educativos e innovadores promovidos pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e do Concello de Vigo.
A ANPA colabora en todas as actividades en que se lle require, e está aberta á participación na comunidade educativa mediante as canles establecidas. Cada curso valóranse as actividades máis axeitadas en función da demanda. As máis frecuentes son:
Clases de pintura.
Natación
Baile
Saídas e outras actividades dependendo da demanda.
Comeza o Período de Admisión a Centros Públicos o 1 de Marzo de 2020
VEN A COÑECERNOS!!!
Mentras tanto podédesnos ver no noso INSTAGRAM: EEIHERNANCORTES, onde poderedes observar moitas das nosas actividades.
XORNADAS DE PORTAS ABERTAS:
Se queredes vir a coñecer o centro, podedes facelo os Martes do mes de Febreiro de 16.00h a 17.30h.
Cita previa en el 886 120 225
O Centro non dispón de transporte escolar.
O comedor escolar está situado na entreplanta do Centro. É un servicio de Caterin servido pola empresa ARUME, xestionado pola ANPA. Conta cun número variable de coidadoras en función do número de comensais e os menús están regulados por nutricionistas infantís. Nesta actividade complementaria desenvolven hábitos de hixiene, alimentación saudable, autonomía e normas sociais de comportamento na mesa.
Os menús poden adaptarse en caso de alerxias, enfermidade ou relixión.
O horario de comedor é de 14:00 horas ata as 16:00 horas. Neste periodo , además do tempo dedicado a alimentación disfrutan dun tempo de lecer con xogos dirixidos e actividades.