Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEEI Rúa Aragón / Carmen Giráldez

EEI Rúa Aragón / Carmen Giráldez - centro público

Adscrito ao centro: CEIP PLURILINGÜE FRIAN - TEIS

A EEI Rúa Aragón – Carmen Giráldez é una escola pública de Educación Infantil sita entre as rúas Aragón e Redomeira. Acolle a nenos e nenas do 2º ciclo de infantil (3 – 6 anos), en xornada continua de 9:00 a 14:00 h. Dispón de servizo de comedor escolar en horario de 14:00 – 16:00 h., ademais dunha variada oferta de actividades extraescolares, tamén en horario de tarde. Existe a posibilidade de establecer o servizo de aula madruga, en función das necesidades e a demanda das familias. Os mencionados servizos complementarios (comedor, actividades extraescolares e aula madruga), están xestionados pola ANPA do centro.

A nosa escola é un espazo vivo e activo, en constante cambio e crecemento, como as persoas que formamos parte del. O noso proxecto, común e compartido por toda a comunidade educativa, pretende o obxectivo de avanzar cara unha educación integral que se desenvolva nun ambiente de seguridade, afectividade e confianza entre todos os seus membros: alumnado, profesorado e familias.

Desexamos ser un centro aberto, espazo de encontro e convivencia, que atenda ás realidades individuais do noso alumnado e das nosas familias de xeito próximo e concreto.

A nosa metodoloxía de traballo, sempre flexible e aberta, busca desenvolver nos nenos e nenas valores e hábitos para a vida, favorecendo e fomentando a observación, experimentación, iniciativa propia e creatividade. O equipo docente da escola, figura de apoio e apego para os pequenos e pequenas, actúa como acompañante do alumnado na súa andaina, incentivando os seus avances e descubrimentos.

A través dos proxectos de traballo, obradoiros e propostas de actividade que realizamos na escola, buscamos contribuír a que o alumnado coñeza e descubra o mundo que o rodea, participando activamente na súa contorna máis próxima e na sociedade da que forma parte, a partir de experiencias que partan dos seus intereses e estimulen a súa curiosidade.

Ademais do anterior, facer unha mención especial á realización de visitas e saídas culturais, así como á celebración de diversas conmemoracións (algunhas delas en colaboración coas nosas familias) que achegan aos nosos cativos e cativas ao coñecemento e valoración positiva das nosas costumes e tradicións, xunto ao descubrimento de novos ámbitos e contextos.

O fomento e interese pola lectura dos máis pequenos e pequenas ten tamén un papel fundamental na nosa escola dado todo o positivo que ten que aportar no seu desenvolvemento. Por este motivo, desde a biblioteca do centro lévanse a cabo actividades e propostas, como, por exemplo: teatro de sombras, contacontos, obradoiros, préstamo de libros semanal e mochila viaxeira para lectura en familia...

Destacar, por último, a participación da escola, cada novo curso escolar, en diversos proxectos e iniciativas que promoven a innovación educativa e favorecen o desenvolvemento de aspectos como a solidariedade, empatía, igualdade, o coidado dun mesmo e do medio, así como a valoración dos recursos que este nos ofrece, a educación e xestión das emocións etc.

Na actualidade, a escola conta cos seguintes recursos persoais:

-     2 mestras titoras de Educación Infantil.

-     1 mestra especialista en Audición e Linguaxe.

-     1 mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica.

-     1 mestra especialista en Inglés.

-     1 mestra de Relixión Católica para o alumnado matriculado nesta opción.

Se queres coñecer un pouco máis a nosa escola e o noso traballo podes visitar:

A nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/eeiruaaragon/

O noso blogue: https://escolainfantilruaaragon.blogspot.com/

A nosa conta de Instagram: https://www.instagram.com/eeiruaaragon/

Equipamento e instalacións
  • 2 aulas moi amplas e luminosas (luz natural).
  • Biblioteca, cun catálogo actualizado periodicamente e servizo de préstamo semanal.
  • Aula de psicomotricidade e usos múltiples.
  • Baños axeitados.
  • Material pedagóxico/didáctico e xogos adecuados ás idades do alumnado.Taboleiros dixitais interactivos e internet.
  • Comedor escolar.
  • Patio exterior con areeiro, zona de xogos e horta escolar.
  • Galería cuberta.
Amosar
Oferta educativa
Regulada
2 CICLO DE EDUCACION INFANTIL (3 - 6 ANOS)
Amosar
Actividades
Extraescolares
Catálogo de actividades actualizado ao inicio de cada curso escolar, adaptándose deste xeito a novas propostas e inquedanzas da comunidade educativa. Posibilidade de actividades extraescolares no propio centro os martes en horario de 16:00 – 17:00 h. (obradoiro de estimulación con diferentes propostas encamiñadas á experimentación sensorial: xogos con música, movemento, cociña, luz...), e outros días da semana oferta de actividades deportivas en complexos deportivos externos.
Da A.N.P.A.

Contamos cunha ANPA activa e en estreita colaboración coa escola. A través dela xestiónanse os servizos complementarios da escola (comedor escolar e actividades extraescolares) e achéganse propostas, organízanse actividades, conmemoracións, saídas...

 

Amosar
Galerías fotográficas

EEI RUA ARAGON - CARMEN GIRALDEZ

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 121 250
  • Fax: 886 121 250
  • Email: eei.rua.aragon@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rua Aragon, 114, 36206, Vigo (Pontevedra)
Horarios do centro
  • Oficina: Martes de 17 a 18:30 h.
  • Titorías: Martes de 16:00 - 17:00 h.
  • Clases: Luns - Venres de 9:00 a 14:00 h.
Servizo de comedor
Xestionado pola ANPA, funciona coa modalidade de catering en horario de 14:00 a 16:00 h.

 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org