Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEEI Monte do Alba

EEI Monte do Alba - centro público

Adscrito ao centro: CEP Plurilingüe Igrexa-Valadares e IES Valadares

A escola EEI Plurilingüe Monte do Alba é un centro aberto, participativo, solidario  e cunha pedagoxía activa en contacto coa natureza.

 

Traballamos por proxectos  co proceso de aprendizaxe centrada nos nenos e nenas, moitas das nosas actividades xiran arredor do noso patio onde contamos cunha horta e podemos observar flora e fauna.

 

As familias participan na escola a través do equipo de teatro e de biblioteca, axudan nas saídas, colaboran nas festas ou recitan poemas e contos.

 

Damos moita importancia a manipulación, as sensacións e a experimentación mediante diversos obradoiros que se están desenvolvendo en lingua inglesa.

 

Implicámonos coa nosa contorna a través de colaboracións coa Asociación cultural, os outros Centros Escolares, a Comunidade de Montes... consideramos moi importante a expresión artística polo que realizamos saídas para asistir a museos, funcións de teatro, concertos e tamén desfrutamos das actuacións e intervencións de artistas  e colectivos que veñen compartir con nós o seu traballo ( contacontos, cantareiras, pintores, músicos, escritores...).

 

As festas tradicionais son importantes no centro o Magosto, oSamaín, o Entroido, os Maios.. e outras festividades  Día do Libro Infantil, Día de Rosalía, Día da Muller, Día do Medio Ambiente...

 

Iniciamos unha nova actividade educativa" o Robot Escornabot sube ao Alba", no que os nenos e nenas enfréntanse ao mundo da programación a da robótica a xeito de xogo relacionado cos contos.

 

Se queredes saber un pouco máis da noso traballo podedes visitar a nosa páxina web :

 

www.edu.xunta.gal/centros/eeimontealba/

 



 

Equipamento e instalacións

A nosa escola conta con :

-- Amplo patio exterior con xardín de 1000 m2  , areeiro, mobiliario de xogo e de natureza, ademais dunha horta escolar e tamén un patio cuberto para os días de choiva.

-- Aulas de Psicomotricidade, de  Inglés e de Audición e Linguaxe.

-- Biblioteca Escolar, aberta as colaboracións das familias.

-- No edificio escolar, contamos con tres aulas- titorías.

-- Aula de Usos Múltiples para actividades de teatro, música...

 

Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.

A colaboración coa ANPA Igrexa Valadares-Monte do Alba é moi importante, facemos colaboracións en festas, obradoiros,subvencións de saídas educativas, visitas especiais... podedes consultar a súa laboura no seguinte enlace: 

 

www.facebook.com/Anpa-Igrexa-Valadares-Monte-do-Alba-1842663372667759/

Amosar
Oferta educativa
Regulada
2? Ciclo Educación Infantil , 3-6 anos.
Amosar
Outra información de interese

A EEI Plurilingüe Monte do Alba, ofrece un servicio de madrugadores para o seu alumnado de infantil e o alumnado de primaria do centro adscrito , en horario de 7:30 a 9:15 h. con posibilidade de almorzar na escola.

Ofertamos tamén un servizo de coidadoras despois do comedor escolar ata o inicio das actividades extraescolares.

ESTES SERVIZOS ESTE CURSO ESCOLAR ESTÁN CANCELADOS POLA SITUACIÓN COVID-19

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

obradoiros e xogos

< Galería 1Galería 2 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 213
  • Fax: 886 120 214
  • Email: eei.monte.alba@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Camiño da igrexa, 133. Valadares. Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 11:00 a 14:00 horas
  • Titorías: Os martes de 17:00 a 18:00 horas
  • Clases: 9:15 a 14:15 horas
Servizo de transporte

 -- Transporte ao centro escolar de dúas liñas que percorren os barrios da parroquia.

Servizo de comedor

 -- Comedor con cociña propia no CEP Plurilingüe  Igrexa- Valadares.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org