Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEEI Monte da Guía

EEI Monte da Guía - centro público

  • Unha pequena escola que acolle a nenos e nenas de 3 a 6 anos, situada nun entorno natural. Cun gran espazo exterior con árbores, horta, céspede, area... Para nós é fundamental o contacto coa natureza e a exploración nun entorno libre pero seguro.

 

  • Un Centro VIVO, en constante proceso de reflexión e cambio, pero con bases moi sólidas nas que se asenta o noso Proxecto Educativo.

 

  • Metodoloxía activa, compartida por todo o equipo docente. Priorizamos as aprendizaxes sensoriais, vivenciais e autónomas.

 

  • Escola Plurilingüe, favorecendo o desenvolvemento lingüístico en galego, castelán e inglés. Mestra especialista de Inglés e auxiliar de conversa. 

   

  • Biblioteca moi dinámica con servizo de préstamo para crianzas e familias, e dinamización de numerosas actividades.

 

  • Equipamento tecnolóxico (iPads, Beebots, impresora 3D, encerados dixitais), que empregamos de maneira consciente, aproveitando as posibilidades que nos ofrecen.

 

  • Dinamizamos sesións de formación e acompañamento a familias a través da Escola de Familias, con temáticas diversas (disciplina positiva, primeiros auxilios, alimentación saudable, etc.).

 

  • Merendas saudables.

  

  • Participamos en diversos Proxectos e Premios: Plan de Bibliotecas Escolares, Voz Natura, Camiña con nós pola igualdade, de Convivencia ("Impórtanos", "Enrédate.org") e tamén en proxectos intercentros. Un dos nosos grandes proxectos foi XABARÍN18, con gran repercusión autonómica e que foi presentado en Decembro de 2012 en Culturgal.

 

 

Estamos orgullosos do noso labor, e tamén dos numerosos recoñecementos:

 

Premio Sing and Dance 2014 * Premio Innovación equiPADos 2014 * Finalistas Gústame namorarte en galego 2014 * Finalistas Cos pés na terra e QuéroTe Verde 2014/2015 * Triple Premio Voz Natura 2015/2016 * Mellor proxecto Un paso adiante, Mellor Blogue QuéroTe Verde e Mellor Vídeo Mundo Moco 2015/2016 * Premio Excelencia no Proxecto de Normalización Lingüística 2017 * Finalistas Convive con el Sol 2018 *

 

O equipo docente está formado por:

  • Catro especialistas de Educación Infantil (3 titoras e 1 mestra de apoio)
  • Especialista Audición e Linguaxe
  • Especialista Pedagoxía Terapéutica
  • Especialista de Inglés
  • Orientadora
  • Auxiliar de conversa
Equipamento e instalacións

3 aulas de 70 m2 con moita luz natural e calefacción

Aula de usos múltiples para inglés, psicomotricidade, etc.

Biblioteca con amplo catálogo de libros para nenos/as e familias

Aula de Audición e Linguaxe

Baños axeitados

Patio exterior de 1400 m2 con xardín, céspede, árbores de distintas especies, areeiro e zona de xogos

Horta escolar

Patio cuberto

 

Amosar
Actividades
Extraescolares

 

Durante o curso 2023/2024: Música, Corpo Expresivo (Teatro), Intelixencia Emocional

Da A.N.P.A.

A nosa ANPA é moi activa e mantén co Centro unha relación moi estreita. Os pais/nais participan activamente na vida do Centro, en festas, saídas e actividades e obradoiros durante todo o curso.

 

A ANPA xestiona o comedor, a aula matinal e as actividades extraescolares, organiza festas, saídas en familias, propón actividades complementarias...

 

Unha parte FUNDAMENTAL da nosa escola.

Amosar
Outra información de interese
Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Novas do centro
Ver todas as novas
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886 120 960
  • Email: eei.montedaguia@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Irmáns Misioneros dos enfermos pobres, 37 - 36207 Vigo
Horarios do centro
  • Titorías: Martes de 16:00 a 18:00, previa cita coa titora
  • Clases: 9:00 a 14:00
Servizo de comedor

Horario aula matinal: de 8:00 a 9:00 horas

Horario comedor: de 14:00 a 16:00

(Servizos xestionados pola ANPA)

 

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org