Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosEEI Cristo da Victoria

EEI Cristo da Victoria - centro público

Adscrito ao centro: CEP Celso Emilio Ferreiro

O Proxecto Educativo da escola é un documento vivo, integral e vencellante para toda a comunidade educativa, como resultado das reflexións e dos acordos que orientan o modelo educativo do centro, conxuntamente coa Programación Didáctica e as Normas de Organización e Funcionamento e Convivencia. Unha escola para todas e para todos que camiña polos vieiros da inclusión,compensadora de desigualdades e potenciadora das capacidades e das competencias nas que a diversidade é un valor, non un problema. Unha escola de educación infantil aberta a contorna social e natural na que está inmersa, na que as nenas e os nenos son o eixo dunha escola na que poden medrar como persoas en liberdade, tolerancia, autonomía e respecto.

A aprendizaxe é un proceso de descubrimento e construción polo que as aulas están deseñadas por recantos e obradoiros. Os procesos de ensino-aprendizaxe, a través da metodoloxía de proxectos, realízanse en castelán e en galego, ademáis de facer un achegamento o inglés como primeira lingua extranxeira, así como a potenciación das Tics nas aulas e no centro para camiñar polas autoestradas da comunicación e da información global.

O equipo educativo está formado por mestras especialistas en educación infantil, inglés, audición e linguaxe, persoal auxiliar educativo e de servicios.

Equipamento e instalacións

A escola conta con os seguintes espazos:

- Dous edificios con 6 aulas-titorias

- Aulas-obradoiros temporais: teatro, músicas do mundo, arte, estimulación da linguaxe, lóxica-matemática...

- Sala de actividades múltiples

- Aula de audición e linguaxe 

- Aula de inglés

- Biblioteca

- Patio cuberto con dúas zonas diferenciadas: areeiro con tobogáns e outro espazo con chan de caucho con rocódromo, castelo e outros xogos

- Patio de herba dotados con xogos para os tempos de lecer

- Horta escolar

 -Entrada independente para o alumnado que precise vehículo adaptado.Os dous edificios da escola están libres de barreiras arquitéctonicas 

Amosar
Actividades
Da A.N.P.A.

A "ANPA CASTELAO" do centro organiza e xestiona as actividades extraescolares como: natación, música, actividades predeportivas ou inglés entre outras en horario de 16.00 a 18.00 h. Colabora activamente coa escola.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Educación Infantil 2º ciclo (3--6 anos)
Amosar
Outra información de interese

Aula matinal desde ás 7:30 da mañá

Amosar
Galerías fotográficas

ESPAZOS CON ALMA

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 886120205
  • Email: eei.cristo.victoria@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Caldas de Reis, 11. 36209 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 11,10 -- 12,00 de luns a venres 13,10 -- 14,10 luns e venres
  • Titorías: Martes polas tardes, a partires das 16:00 horas
  • Clases: 9,10 -- 14,10 horas
Servizo de transporte

Servizo de transporte escolar.

Servizo de comedor

A escola conta cun servizo de comedor escolar de xestión indirecta (cátering) da Consellería de Educación en horario de 14.10 a 15.50 h.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org