Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCPR Salesianos

CPR Salesianos - centro privado concertado

Adscrito ao centro: IES Santa Irene

O Colexio Salesiano "María Auxiliadora" de Vigo é un centro con soleira. Leva poñendo escola e vida máis de cen anos. Polas súas aulas, sempre sinxelas e modestas, pasaron moitos vigueses e viguesas que deron lugar a unha nutrida serie de Antigos Alumnos, que aínda se prezan de estudar Colexio "San Matías" (este foi o seu primeiro nome).

A Titularidade pertence a Congregación Salesiana fundada por S. Xoán Bosco en Turín na segunda metade do século XIX. Polo tanto trátase dun colexio católico con caracter propio, que senta as súas bases educativas nun trípode xurdido do "Sistema Preventivo": razón, relixión e amor.

"Salesianos" comporta un estilo de pensar, de facer e de vivir porque xunto á tarefa docente une a preocupación polo Tempo Libre (Asociación Xuvenil Abertal), pola vida cristiá (Parroquia de María Auxiliadora). Pódese afirmar que o Colexio "María Auxiliadora de Vigo é casa que acolle, parroquia que evanxeliza, escola que encamiña cara á vida e patio onde atoparse con amigos e pasalo ben. Toda esta realidade educativa faise posible pola presenza e a colaboración dos pais e nais que se senten coma na súa casa, porque é a casa dos seus fillos. Gustaríanos que o noso Colexio fora sempre unha casa de portas abertas.

Equipamento e instalacións
  • Instalacións deportivas: 
    • Patio propio para Infantil
    • Pavillón de Baloncesto
    • Campo de futbito
    • Ximnasio
  • 3 Aulas de informática: 2 fixas e unha mobil. 30 equipos por aula.
  • Aula Magna.
  • Comedor.
  • Cine Teatro.
  • Igrexa-Parroquia de "María Auxiliadora".

 

Amosar
Actividades
Extraescolares
En horario de mañá (de 12:30 a 13:30) e de tarde de 17:30h en diante, e) ofertamos:
  • Escola de Inglés: en colaboración con Synergy Didactic.
  • Actividades deportivas:
    • Baile Moderno

    • Fútbol sala e Baloncesto no Clube Salesianos.

    • Kung-fú Di Som.

    • Baile moderno.

    • Iniciación ao deporte.

    • Patinaxe artística.

  •  Actividades culturais:
    • Obradoiro de debuxo e pintura.

    • Obradoiro de música e xogos teatrais.

    • Obradoiro de ludoteca.

    • Divírtete en Ingles (EP).

    • Ludoteca en Inglés (EI).

    • Aula de teatro.

    • Xadrez.

  •  Novas tecnolóxicas
    • Informática.

    • Robótica 

  • Grupos de tempo libre: os sábados, organizados dende o Centro Xuvenil.

 

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Educación Infantil Educación Primaria Educación Secundaria Obrigatoria
Non regulada
Bacharelato, con dous itinerarios: \\\\\\\"Ciencias\\\\\\\" e \\\\\\\"Humanidades e ciencias sociais\\\\\\\".
Amosar
Outra información de interese
  • Departamento de Orientación: Atendido por 3 Orientadores, unha mestra de  Pedagoxía Terapéutica (PT) e unha mestra de Audición e Linguaxe (AL). 
  • Centro plurilingüe:  con auxiliares de conversa desde 4º E.P.
  • Servizos para facilitar a conciliación familiar:
    • Madrugadores: dende as 07:45 da mañá.
    • Aula de estudo e actividades extraescolares: de 12:30 a 13:30 e de 17:30 a 18:30.
    • Campamentos e actividaes de tempo libre en períodos non lectivos: Antroido, Semana Santa, Xuño e Setembro.
  • Servizo de Biblioteca: Atendida por unha Educadora, de 17.30 - 18.30.
  • Centro Xuvenil Abertal: Espazo dinamizado pola asociación Abertal  no que se ofertan actividades de tempo libre educativo e actividades de voluntariado para nenos/as, adolescentes e mozos dende 1º EP ata a Univerisade.
  • Clube Salesianos: Modalidade baloncesto e fútbol-sala (200 participantes).

 

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Galería de vídeos
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
  • 1º Ciclo ESO (12-14 anos)
  • 2º Ciclo ESO (14-16 anos)
  • Bacharelato (16-18 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 433 855
  • Fax: 986 435 464
  • Email: mauxiliadora@salesianosvigo.es
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Venezuela, 9- 36203 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: A secretaría está aberta polas mañáns de luns a venres de 9:00h a 13:00h e pola tarde os luns de 16:30h a 18:30h.
  • Titorías: A concertar coas familias.
  • Clases: - Ed. Infantil e Primaria: Xornada partida de luns a xoves (9 a 12:30h e de 14:45h a 16:30h) e continua os venres (de 9 a 14:00h). - ESO: Xornada de mañán (8:20h a 14:15h) salvo os luns que tamén hai clase pola tarde (15:45h a 17:30h). - Bacharelato: Luns, mércores, xoves e venres de 08:45h a 14:25h. Mércores de 08:45h a 15:10h. E os luns pola tarde de 16:00h a 17:40h.
Servizo de transporte

 Non.

Servizo de comedor

Con servizo de cociña quente.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org