Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCPR PossumusNovas do centro

Novas CPR Possumus

O NOSO LABOR EN EDUCACIÓN INFANTIL
Xoves, 04 de febreiro de 2016

 PLAN DE APOIO ÁS FAMILIAS

O centro ofrece de xeito gratuíto un conxunto de servizos para conciliar a vida familiar. Tales como a existencia do Servizo de Pequenos Madrugadores e Actividades Extraescolares adaptadas aos máis cativos.

CENTRO ADAPTADO ÁS NOVAS TECNOLOXÍAS

As Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC), son unha ferramenta máis na aprendizaxe dos nosos fillos. Facer un uso adecuado delas e sacar un bo rendemento ás mesmas é un obxectivo cada día máis demandado.

 

O centro dispón dunha Aula de Informática e Encerados Dixitais nas aulas de infantil así como de equipos audiovisuais fixos e portátiles.

CENTRO PLURILINGÜE

O inglés, como lingua estranxeira, impártese como materia xa na etapa de Educación Infantil. Ademais o centro conta cun Auxiliar Nativo de Conversa en fala inglesa.

OBRADOIRO PEQUENOS CIENTÍFICOS          

EXPERIMENTOS:Os alumnos convértense en científicos que descobren o mundo a través da observación de fenómenos que lles espertan a curiosidade. Non pretendemos crear científicos, senón persoas pensantes, responsables e con capacidade crítica.

Entre outros exoperimentos destacan: a fabricación de iogur, pan, xabón, volcáns, ovos que rebotan ao bater co chan, etc.

CONTACONTOS: A través dos libros, os nenos realizarán viaxes fantásticas polo mundo das ciencias, aprendendo a saborear non só os libros, senón as ensinanzas que nos transmiten.

TRABALLO POR PROXECTOS E INTELIXENCIAS MÚLTIPLES

Os proxectos supoñen un reto para a interdisciplinariedade, permitindo adquirir coñecementos das diferentes disciplinas a través do desenvolvemento dunha investigación baseada nun interese central e que se vai enriquecendo a medida que se fomentan as Intelixencias Múltiples.

 

Nos proxectos, a aprendizaxe é construída entre todos participando nas ideas principais, na forma de afrontar o proxecto, nos retos que se lle van formulando e nos resultados que se obteñen en todo o proceso.

OBRADOIRO DE PISCOMOTRICIDADE E EXPRESIÓN CORPORAL

Axudamos aos nenos a recoñecer o seu propio corpo fomentando a coordinación corporal e óculo-manual, o mantemento do equilibrio e o control postural, en continua interacción coa música e a danza.

OBRADOIRO DE LÓXICA-MATEMÁTICA

A través de diferentes materiais (bloques lóxicos, regretas, cartas, dominós, tángrams, etc. ) e recursos, os nenos atopan este tipo de aprendizaxes moito máis atractivas. Os contidos gardan relación coa realidade que os rodea, cobrando grande importancia a observación, a relación entre elementos e a resolución de problemas, o que lles facilitará a comprensión e o razoamento matemático nos seguintes cursos académicos.

Voltar ao centro
Datos de contacto
  • Tlf: 986 371 330
  • Fax: 986 371 330
  • Email: Pasa o cursor para velo
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Purificación Saavedra, 62. 36207 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Mañás: de 8:30 a 11:00 e de 13:00 a 14:00 Tardes: luns e martes 16:30 a 18:30.
  • Titorías: Martes 16:30 a 18:30 horas. Calquer outro día: previa cita.
  • Clases: Ed. infantil e Primaria: de 9:00 a 14:00 h. ESO: de 8:50 a 14:20 / 16:30 a 18:30 h (os luns)
Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org