Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCPR Miralba

CPR Miralba - centro privado concertado

O Colexio Miralba é un centro concertado que pertence á Fundación Educativa Jesuitinas creada recientemente pola Congregación das Fillas de Xesús.  Ten como obxectivo favorecer a educación integral dos alumnos e alumnas de acordo cunha concepción cristiá da persoa, do mundo e da vida. Toda a Comunidade Educativa séntese comprometida neste obxectivo e na meta de proporcionar aos nosos alumnos e alumnas unha educación de calidade, aberta á innovación didáctica e posta ao día nos seus contidos. Todo iso a través dunha relación próxima co alumnado e de estreita colaboración coas familias.

Para iso conta cun equipo docente comprometido, con especial relevancia da figura do titor como acompañante dos alumnos e alumnas no desenvolvemento do seu proceso de maduración e aprendizaxe.

Levamos a cabo unha pedagoxía centrada na persoa, cun enfoque positivo da educación.

Á súa vez, proporcionamos unha oferta diversificada de actividades orientadas áformación para o lecer (actividades extraescolares), á participación cidadá e solidaria (actividades e campañas), ao compromiso cristián (grupo Alcor) e a educación na fe.

Equipamento e instalacións
  • Aula de Estimulación Temperá
  • Todas as aulas teñen equipamento dixital con pantallas e proxectores para o uso das tabletas dixitáis nas clases.
  • Outras aulas especializadas (Tecnoloxía, Debuxo, Plástica,...)
  • 2 salas multimedia con medios audiovisuais avanzados e encerados dixitais interactivos
  • 3 laboratorios
  • Salón de actos
  • Club: espazo de usos múltiples 
  • Aulas de apoio
  • 2 Oratorios e Capela
  • Instalacións deportivas:
    Pistas Deportivas
    Ximnasio
     
Amosar
Actividades
Extraescolares
  • O Club Deportivo Miralba leva dez anos ensinando aos rapaces os valores do deporte, do traballo en equipo e da vida saludable. Ofrece actividades deportivas como: Predeporte, Fútbol Sala, Baloncesto, Ximnasia Rítmica, Taekwondo, Axedrez, Patinaxe, Pilates, Atletismo, Tenis e Voleibol.
  • Escola de Música MIRARTES: ten como obxectivo favirecer a formación integral dos alumnos/as en materia musical, ademais de ofrecrlles múltiples posibilidades de formación e certificación, como o acceso a os estudos dos conservatorios oficiais e/o a obtención dos certificados de Trinity College London, institución de reconocido prestixio internacional en materia musical.
  • Armadanzas: Grupo de artes escénicas do colexio. Actividades de interpretación, danza e músicapara alumnos dende 5ºEP hasta 2ºBacharelato.
  • Ofrecemos formación en Inglés como actividad extraescolar con Global Project.
  • Robótica y Programación con Ceoaberto.
  • Proyecto Ábaco con Pensamiento Genial
  • Clases de Ballet
  • Art Attack, Urban Dance, Storytelling y Making Movies (Stop Motion) con Activa.
Amosar
Outra información de interese

Gabinete de Orientación.
Aula de madrugadores: Dende as 7:30
Biblioteca: Con amplo horario para consulta, servizo de préstamo e equipos informáticos con conexión a internet e con servizo de protección de contidos.
Idiomas: Inglés dende Infantil, 1 hora semanal complementaria de inglés oral en Primaria e ESO.

Amosar
Galerías fotográficas

Imaxes do centro

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
  • 1º Ciclo ESO (12-14 anos)
  • 2º Ciclo ESO (14-16 anos)
  • Bacharelato (16-18 anos)
Datos de contacto
  • Tlf: 986 213 047
  • Fax: 986 291 044
  • Email: colegio@jesuitinasvigo.es
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Gran Vía, 164. 36211 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: 10:00 - 12:00 / 16:00 - 17:30 horas
  • Clases: Ed. Infantil: 9:15 a 12:25/15:10 a 17:00 horas (de luns a xoves) | 9:15 a 14:15 (venres) Ed. Primaria: de 9:15 a 12:25/15:10 a 17:00 horas (luns e mércores) | 9:15 a 13:20/15:10 a 17:00 (martes e xoves) | 9:15 a 14:15 (venres) ESO e Bacharelato: de 8:20 a 14:15 (luns, mércores e venres) | 8:20 a 13:20/15:10 a 17:55 (martes) | 8:20 a 13:20/15:10 a 17:00 (xoves)
Servizo de comedor

Cociña propia (setembro a xuño).

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org