Somos un centro laico, que busca a formación integral do alumnado a través da dinámica de grupo, o diálogo, a iniciativa persoal, o respecto ás diferencias e a observación crítica da sociedade.
No colexio conviven 850 alumnos e alumnas nun amplo espazo rodeado de vexetación onde se situan varios edificios que albergan aulas específicas para cada unha das materias.
Temos xornada continuada (de 9 a 14:30) todo o ano. Entrada a partires das 8.30. Posibilidade de comedor e recollida pola tarde ata as 16.00 horas Existen obradoiros de psicomotricidade, dramatización e imaxe en horario de mañá.
Promovemos as saídas escolares como medio para achegar a escola ao contorno.
Nunha agradable contorna de 20.000 m2 contamos con varias instalacións apropiadas para levar a cabo o proxecto educativo:
3 aulas de apoio.
2 gabinetes psicolóxicos.
Aulas: inglés, francés, linguaxe.
Aula de física e química (con taller e laboratorio).
Aula matemáticas, ciencias naturais, ciencias sociais, informática, imaxe, expresión plástica, expresión dramática e psicomotricidade, música e danza, etc.
Instalacións deportivas:
Pista deportiva ao aire libre.
Polideportivo cuberto.
Ximnasio.
O Centro oferta unha serie de actividades extraescolares con horario de 15,30 a 17 horas nos diferentes días da semana:
Multideporte.
Patinaxe.
Oratoria.
Música tradicional.
Rítmica.
Iudo.
Baloncesto.
Robotica.
Teatro.
Xadrez.
Cociña.
Obradoiro de manualidades.
Idiomas:
Inglés: dende os 3 anos. (posibilidade de pasar veráns en Irlanda).
Francés: a partir de 5º de primaria (10 anos). Intercambio escolar cun colexio de Francia para a ESO.
Departamento Psicopedagóxico:
Grupo de profesionais ao servizo do profesorado, dos pais e dos alumnos, plenamente integrado no centro para apoiar e colaborar co desenvolvemento do seu labor educativo.
5 liñas
Servizo de Comedor: Servizo de cáterin.
. Posibilidade de comedor a diario con recollida posterior do alumnado ata as 16 horas. Extraescolares ata as 17.00 horas.
vigo.org