Escolas Vigo: directorio de centros educativos.

Concellería de Educación do Concello de Vigo.
InicioDirectorio centrosCPR Maristas El Pilar

CPR Maristas El Pilar - centro privado concertado

Somos unha comunidade educativa onde familias e educadores traballamos, con renovada ilusión, por unha educación enraizada nos valores do carisma Marista: proximidade, sinxeleza e espírito de familia.

 

A educación na dimensión profunda da persoa, a renovación constante das prácticas metodolóxicas, a atención á diversidade, a inclusión de métodos de aprendizaxe plurilingües, a importancia do deporte como valor de vida ou o uso das novas tecnoloxías como ferramentas de aprendizaxe, comunicación e xestión colexial, convertéronse nos elementos clave do noso modelo educativo (Plurilingüismo/Bilingüismo, entornos virtuales de aprendizaxe- Gsuite for education, ...).

Coñece como EDUCAMOS

 

Formamos parte da rede educativa marista integrada por todos os colexios da Provincia Marista Compostela.

 

OFRECEMOS distintos servizos (comedor, madrugadores, biblioteca,…), actividades extraescolares e deportivas, para facilitar a conciliación familiar e facer a vida colexial máis agradable e divertida.

 

Ademais, convidámosvos a percorrer os diferentes espazos onde se desenvolve a actividade colexial, desde o xardín e as canchas deportivas ás aulas e laboratorios, ou a biblioteca e o comedor, a través desta VISITA VIRTUAL.

 

Coñece o que SOMOS coma centro. 

 

 

 


Equipamento e instalacións

Instalacións interiores:

- Lousa dixital en tódalas aulas e conexión wifi en todo o centro.

- Biblioteca con préstamo de libros e ordenadores a disposición do alumnado.

- Aula informática Ed. Primaria.

- Aula informática Ed. Secundaria. Chromebooks de uso individual para os alumnos.

- Sala Psicomotricidade Ed. Infantil.

- Ximnasio Ed. Primaria e Ed. Secundaria.

- Aula de Judo.

- Laboratorio.

- Sala de Actos.

- Comedor.

- Ludoteca e "Mochila baleira"

 

Instalacións exteriores:

- 3 canchas de fútbol sala / balonmán.

- 2 canchas cubertas de baloncesto.

- 3 canchas de minibasket.

- 1 cancha de voleibol.

- Parque Ed. Infantil.

- Xardín botánico.

 

 Realiza unha visita virtual neste enlace.

Amosar
Actividades
Extraescolares

No horario de mañá e de tarde, o colexio conta cun gran número de actividades, ensino de idiomas, somos centro preparador e examinador de Cambridge, Bright Minds, oferta deportiva (fútbol sala, baloncesto,voleibol, judo, patinaxe e iniciación deportiva en Ed. Infantil), pintura, robotix, xadrez, teatro, canto-coro,baile (moderno e galego),...

 

Consulta neste enlace toda a oferta de actividades extraescolares.

Da A.N.P.A.

 Infórmate sobre a nosa ANPA neste enlace.

Amosar
Oferta educativa
Regulada
Ed. Infantil - Ed. Primaria - Ed. Secundaria - Ed. Especial
Non regulada
Clube Deportivo - Grupo MarCha (grupo xuvenil de ocio e tempo de lecer) - Actividades Extraescolares - Viaxes ao estranxeiro - Festas Colexiais - Convivencias - Proxecto Asomar (Iniciativa solidaria propia).
Amosar
Outra información de interese

- Servizo de Orientación: composto polo Orientador do centro (Psicopedagogo), e catro profesores especialistas en Audición e Linguaxe, Educación Especial e Pedagoxía Terapéutica.
- Plataforma de comunicación familias - centro.

- Uniforme escolar voluntario.
- Biblioteca: Aberta en horario escolar  para préstamos de libros e realización de traballos. Ordenadores con conexión a internet.

- Servizo de madrugadores: Recepción a partir das 7:45 h (con ou sen servizo de almorzo).

 

Consulta todo o que OFRECEMOS neste enlace.

Amosar
Galerías fotográficas

Maristas Vigo

< Galería 1 >
Etapas educativas
  • 2º Ciclo educ. infantil (3-6 anos)
  • 1º Ciclo educ. primaria (6-8 anos)
  • 2º Ciclo educ. primaria (8-10 anos)
  • 3º Ciclo educ. primaria (10-12 anos)
  • 1º Ciclo ESO (12-14 anos)
  • 2º Ciclo ESO (14-16 anos)
  • Educación Especial
Datos de contacto
  • Tlf: 986 420 022
  • Email: cpr.elpilar@edu.xunta.gal
Enderezo e mapa
Abrir mapa
Rúa Venezuela, 20. 36203 Vigo
Horarios do centro
  • Oficina: Luns a xoves: de 8:30 a 14:00/15:00 a 17:00 horas. Venres: de 8:30 a 14:00/15:00 a 16:30 horas.
  • Titorías: Xestión individualizada entre familia e titor. Plataforma educativa propia de comunicación .
  • Clases: Ed. Infantil: 9:00-12:30 / 14:45-16:30 horas. Ed. Primaria: 9:00-12:30 / 14:45-16:30. horas. Ed. Secundaria : Luns a venres de 8:30-14:20. Só os luns pola tarde de 16:20-18:00 horas.
Servizo de comedor

Os menús son diariamente elaborados na nosa cociña polos profesionais deste servizo.

Infórmese sobre o noso comedor neste enlace.

Redes sociais e web
Abrir a páxina web do centro Abrir o facebook do centro Abrir o twitter do centro Abrir o canal de youtube do centro
Alcaldía Vigo. Xunta de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Concello de Vigo: Praza do Rei nº1 - 36202, Vigo | Tlf: 986 81 01 00      Oficina de Educación: Tlf: 986 81 01 81 | Email: ofi.educacion-ARROBA-vigo.org