O Colexio Plurilingüe Losada foi fundado no ano 1965. Está situado no barrio vigués de Lavadores, nun funcional edificio que responde á máis actual concepción de centro educativo moderno.
Somos centro plurilingüe desde 2010. O plan plurilingüe está completamente integrado en todos os cursos. As materias de ciencias sociais e naturais, tecnoloxía e STEM desenvólvense en lingua inglesa.
Contamos con auxiliar de conversa nativo en inglés.
O Centro está a desenvolver as súas ensinanzas pedagóxicas a través da aprendizaxe cooperativa e modelo SEM sobre o desenvolvemento do talento. Traballo por proxectos.
Centro Acreditado Erasmus: Formación de profesorado en centros europeos; intercambios e inmersión internacionais de alumnado.
Todas as aulas son multimedia con monitores interactivos dixitais
Ensinanza de inglés e novas tecnoloxías desde os 3 anos.
Comedor
Salón de actos provisto de medios audiovisuais.
Laboratorio.
Aula de tecnoloxía e plástica.
Aula de idiomas.
Aula de informática, con conexión Internet.
Aula de música.
Aula de apoio.
Biblioteca.
Biblioteca de pais.
Instalacións deportivas:
Pista polideportiva.
Ximnasio cuberto.
Desenvólvense polas tardes (16,30-18 h).
Informática.
Natación
Cociña.
Robótica
Fútbol
Dentro do horario lectivo, como complemento ás materias didácticas, realízanse unha serie de visitas de interese cultural e pedagóxico:
Museos.
Industrias.
Teatro.
Natureza.
Institucións, etc.
Revista escolar O estralo.
Gabinete de Orientación: Psicólogo, Pedagoga terapéutica e logopeda.
Inglés e STEM: Dende Educación Infantil.
Auxiliar de conversa nativo
Servizo madrugador dende as 7:30 h.
Non hai servizo de transporte escolar
Hai servizo de comedor diario.